Adan 的个人资料Novo espazo galego de va...照片日志列表更多 工具 帮助

Windows Media Player

Novo espazo galego de variedades

Dios non ve unha jaita
2006/9/16

::: Os novos termos que están errados :::

   A historia non perdoa. A historia que hoxe coñecemos a maioría dos cidadáns e a que ensinan nas escolas é sen dúbida a historia do gañador. E isto conleva a meirande parte das veces (por non dicir todas) ao cambio de nocións básicas sobre os conceptos que se debían manexar con naturalidade e no seu pleno significado, sen que intrusións imperialistas trocasen de significado a nosa base lingüística. Falo evidentemente das palabras que hoxe empregamos para falar de nós mesmos. Falo de palabras como nación, galego, nacionalidade ou nacionalismo. Estas palabras entre outras moitas, hoxe teñen un significado ben diferente do que tiñan hai 5 séculos. Inxusto que o imperialismo teña tanto poder de absorve-lo significado neto dunha língua para crear novos conceptos que o sirvan a el, e máis inxusto aínda é que os que reivindican que todo volte ser como antes sexan lapidados polos propios membros da súa sociedade, como se fosen eles os traidores.

   Nación e nacionalidade hoxe perderon todo o seu ser, todo o seu zume, tódolos seus ingredientes. Hoxe esas palabras non teñen valor algún para a sociedade. Convertéronse nun instrumento básico da política dos tempos de hoxe. É máis importante que nos chamen nación por non ficar detrás doutras "comunidades" que que nos chamen nación polo que realmente somos. Nacionalidade histórica? Ninguén, e ninguén é ningunha persoa, puido explicarme aínda o que significa ese termo. Non hai semántica que cadre con esa definición. Un invento máis para evadir a denominación que realmente nos merecemos, e que implicaría a independenza da nosa Terra ou ben a República Federal, que permita a autodeterminación dos pobos oprimidos.

   Galego? Qué significa ser hoxe galego? Hoxe ser galego non significa nada. Hoxe o concepto de galego está amasado pola historia recente da España máis amarga. Eu non quero ser castelán. Quero ser un galego español, como dixo Castelao. E máis ben, quero ser galego. Non quero que me identifiquen cos touros, non quero que me identifiquen coas sevillanas, non quero que a xente pense que falo castelán. Quero que a xente saiba que en Galiza hai un idioma, o galego, máis antigo que o castelán e que está a sufrir a degradación do seu ser por mor do imperialismo e do autoodio máis inútil. Eu son parte da caste de milleiros de galegos que fixeron historia, e non do resto do españois. Galiza non tivo apenas relacións co resto de España como outros territorios as tiveron. Sempre estivo illada, allea ao que pasaba fóra dela. O galego preocúpase por Galiza, non por España.

   Nacionalismo. Qué é iso? Non teño nin a máis mínima idea do que quere dicir esa palabra creada polo imperialismo. Sí, polo imperialismo. Naceu como consecuencia da opresión. Hoxe, ser nacionalista, é sentir coma un irmandiño que se ergue en contra de castela. Hoxe, ser nacionalista é sentir esa xenreira contra os que oprimen Galiza. O nacionalismo de hoxe é o sentir dos galegos de antes. Hoxe, un nacionalista é un galego de hai 5 séculos, un galego que non está contaminado polas palabras de castela, por esa educación no autoodio basado sempre en mentiras, íntegras, que foron creadas polos cobardes españois para tentar exterminar Galiza, o sentir de tódolos galegos, o sentir de séculos de loita por unha Terra libre, por unha Terra de paz. Por unha Terra única. Por unha Terra

             GALIZA CEIVE.                                           Saúde e Terra
2006/9/9

::: Novos patinazos intelectuais e recompilación dos clásicos populares :::

Ti imaginate que chamas ó 112 decindolle que hai un incendio e che preguntan: donde? E ti dislle en mi estómago cabrón; llama la avioneta para que me apague este ardor


(Carballo mentres ardía todo)




Tecnodans, tenemos que poner tecnodans, a la juventud de ahora le gusta el tecnodans, tecnodans


(Lilho mentres O'Chiringo estaba baleiro)




O caso é foder


(Un pervertido mentres a xente falaba de temas serios nun cursiño de enfermaría)




Chaly88: Ti carallo, es listo e estas facendo unha carreira de tontos

Eu: Si, e ti es tonto e tas facendo unha carreira de listos




Este botón serve para que o aire circule dentro do coche sen coller aire de fora, e polo por exemplo cando pasas polo lado dunha cuchiquera.


(O meu monitor de coche o primeiro día. Ollo ó palabro)




Hoxe Adan esta sembrao


(Meu irmán logo de ver que tiña un día gracioso)




Ti es de enfermería!!!!!!!!!!!!!


(Eu a unha rapaza que non me coñecía de nada, só eu de vela por clase. A situación era a praza roxa de Santiago chea de xente e eu a berrar)




Seica che sobran dentes na boca???


(Meu irmán a un can...)




Disfruta del día hasta que un imbécil te lo arruíne


(Frase do día de Corujo)



Disfruta del día hasta que Corujo llame a la puerta de tu piso


(Ampliación de Adán sobre a frase do día de Corujo)



Cando estaba eu en estambul cuns tetraplejicos que corrian os 100m lisos escapousenos a pelota coa que estábamos na auga xogando ó balonmán.


(Historias interminábeis de Corujo)



Cando pasou un maricón en minimoto polo medio do monte pra irse de cuncas con Marcelo


(Historias interminábeis de Corujo Vol. Chú)




Sabe a galletas con sal, pero sen galletas


(Lucía falando dos nabos)



Adán, deshcolocouseme unha lentilla e eshtou tan boracho que non a dou colocado, e agora se pecho un ollo estou boracho, se pecho o outro, sereno, ...boracho, sereno, boracho, sereno hahahahaha


(Luis todo cheo en Apolo, no medio da entrada, copa na man, e o dedo da

outra man metido no ollo)



Cheirame a man! Ti cheirame a man!


(Rubén logo dunha experiencia traumática con 90 kilos de peixe)



-Se abre el telon y aparece un perro colocando ladrillos. Se cierra el telon. De que quedo ayer el sevilla?

De CANPEON


(Lilho un día peneque ás 15:30 da tarde)



Ey, podemos invitar a Marcelo a una taza de cunca...


(Koki falando dos puntos febles do noso mellor profesor)



Mira una china corriendo!


(Koki diante da catedral, precisando atributos desa especie animal tan rara que nos invade)



El viernes salí en Pontevedra y le enseñé a 2 pavas asturianas a hablar gallego: A ver, repetid conmigo: I love cuntis me cajo en dios!!!


(Fafa contando as súas dotes de mestre)



-Ser friki está bien, pero también hay que darle a las almendras

(Hechee)



Aiiii... fue bueno


(Koki coa paranoia un día de festa)



Koki: -A ver, si se dice baraja, es normal que sea barajar

Luis: -Eh! Tamen se di coche e tampouco por iso se di cochear!


(Teorías meid in luis)




Koki: -Voy al baño a mear, y a algo mas...

Eu: -Te acompaño


(Situación crítica nos nosos estómagos)



Todos xuntos: -Luis, onte poteaches por toda a casa

Luis: -Eh! Non era pota, é que estaba babado (Luis)


(Día despois dunha borracheira de 30 min: En 30 min beber, potear e durmir. Récord Ghinés)



Luis: -Pero eu non son coma Carballo que é un porretas borracho

Rubén: -Dillo á cara!!

(horas mais tarde)

Luis: -Carballo! Es un porretas borracho

Carballo: -E ti es un borracho baboso


(Día de tomadas de pelo... e non vai por Carballo xD)





Para dar unha volta calquera bicicleta é boa.


(Descrición de Pacheco alias Parrecho dunha moza que frecuentou o meu piso)



Os huele el aliento a petricola


(Lilho ó día seguinte a unha borracheira)




Ayer sólo habia un negro en el wallaba, el resto era gente normal


(Koki, coa súa sensibilidade pola raza humana)


-....

Eu: -Si, pero etoo cobra mais mais ca ti

Carballo: -Pero el é negro

Eu: -Pero cobra n moito mais cati!

Carballo: -Pero sigue sendo negro!


(Discusión sobre o soldo dos africanos)





Eu ós negros e ós maricóns non os quero ver diante, mellor dito, os maricóns sempre diante, non vaia ser que por detrás...


(Carballo dando consellos sobre as precaucións que hai que tomar neste mundo tan hostil)



Cómeme el miembro!!! zorra!!!


(100% natural, ese é Carballo)





Tengo los cartuchos llenos de amor!!!


(Charlie un sábado buscando a MaríaChan)





Ten máis callos na cona que un ferreiro nas mans


(Xavier facendo unha descrición ¿fidedigna ou fideligna? dunha muller)





Dios...... tengo un hambre atroz, así que como galletitas


(Iria, a fame é negra)

Situación do Galego en 1991


Poboación Entenden Saben falalo Saben lelo Saben escribilo

 A Coruña 241.808 86,00% 69,02% 51,2% 33,42%

 Ferrol 88.101 87,88% 70,55% 48,36% 29,87%

 Santiago 104.045 78,37% 71,86% 52,28% 37,48%

 Lugo 77.728 83,91% 76,43% 49,79% 38,46%

 Ourense 102.455 89,68% 78,52% 47,79% 33,62%

 Pontevedra 70.238 87,44% 78,62% 46,19% 29,46%

 Vigo 263.988 89,55% 73,94% 49,10% 31,30%


Tirado de www.galego.org
2006/9/5

"Nós precisamos saber galego"

"Nós precisamos saber galego"

¿Fai falla saber galego para apagar un lume?

Esa polémica é unha parvada incrible. Calquera empregado da Administración ten que saber galego, por lei. Pero é que, ademais, se alguén precisa saber galego somos nós, que andamos todo o día por vilas pequenas nas que non se escoita unha palabra en castelán. Fai falla para entenderse cos da vila e coas cuadrillas, e mesmo para a nosa radio interna, onde todo o mundo fala en galego. Para sacar a oposición, o único que hai que facer é dar un cursiño duns meses que pode aprobar calquera, e xa está. Aquí, en Galicia, hai moitos enxeñeiros forestais que son de Madrid, en Santiago, mesmo hai un marroquí, e se el non tivo problema co galego, non sei quen o pode ter.

::: O exitazo ::: O tema que máis se ouvirá este ano!!! XDDD

licor do negro café
que me tumbas que me matas
licor do negro café
fasme andar a catro patas

licor do negro café
quén che pode decir non
licor do negro café
deixame poñerme en pé

acompáñame a unha festa
emborráchate comigo
que nos atope a mañá
abrazados como amigos
que nos atope a mañá
abrazados como amigos

2006/9/4

::: Somos unha merda :::

   Está visto que ningún político é quen de tomarnos en serio. Ninguén do goberno central ou autonómico colle o fouciño e comeza a retira-lo lixo que hai en Galiza dende hai anos, décadas e mesmo séculos. Aos galegos utilízannos como pailáns para xerar riquezas que non fican en Galiza. O noso medio está a morrer, e non somos quen de berrar alto e forte que somos galegos e que ninguén vai seguir a chucha-lo sangue da nosa Terra.

   Petroleiros, eucaliptos, lumes, térmicas, encoros, papeleiras, químicas, canteiras... poderíase continuar a enumera-los asasinos do noso entorno. aínda que máis ben, esas son as armas coas que os verdadeiros verdugos asasinan día a día. Calquera empresario español sabe que Galiza é o lugar ideal onde pode obter beneficios a baixo custo e sen que a lei lle poña barreiras no camiño. E nós estámolo a permitir. Nós non facemos nada para darlle un futuro mellor ás vindeiras xeracións.

   Xa é hora de que paremos esta masacre. O mar, os montes e os ríos sufriron estes últimos anos traxedias de consecuencias irremediábeis a longo prazo, e non hai responsábeis a quen se lle poidan pedir explicacións. Temos nas nosas mans o poder de comezar a endurecer as leis e aplicalas logo duramente no plano xurídico. Non podemos deixar pasar un só mes para pasar á acción. O noso ben natural é o motor da nosa economía. O noso ben natural pode ser explotado de xeito sostíbel e obter del un beneficio descomunal. Só hai que comezar a pensar en nós mesmos, e decatarnos de que vivimos nunha terra chea de recursos. Non os estraguemos e aprobeitémolos para mellorar a nosa economía e o noso nivel de vida.

Saúde e Terra

  
2006/9/1

19 Aniversario!!!

   Porque la vida puede ser maravilloda Salinas!!! Un ano máis e xa estarei na 2ª década da miña vida. Algo importante que celebrar, xa que na 1ª non sabía o que era unha década xDDD. Ala bonitos, deixades os vosos parabéns aqui. Podedes mandar algún agasallo a: Avd de Pontevedra Nº23 2ºC A Estrada Pontevedra Galiza C.P.36680. Agradezo a vosa xenerosidade por adiantado. xDDDDD
2006/8/30

::: Os pinos ::: Himno Galego :::

¿Que din os rumorosos
na costa verdecente
ó raio transparente
do prácido luar ?

¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar ?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
no des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono,
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso rouco son.
Mais só os ignorantes
e féridos e duros
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das idades
que as vnosas vaguedades cumprida fin terán;
pois donde quer xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Teus fillos vagorosos
en quen honor só late,
a intrépido combate
dispondo o peito van;
Sé; por ti mesma, libre
de indigna servidume
e de oprobioso alcume,
rexión de Breogán

Á nobre Lusitania
os brazos tende amigos,
os eidos ben antigos
con un punxente afán;
e compre as vaguedades
dos teus soantes pinos
duns máxicos destinos
¡Oh grei de Breogán!

Amor da terra verde
da verde terra nosa
de Ousinde a Froxán;
que aló nos seus garridos
xustillos, mal constreitos,
ós doces e albos peitos
das fillas de Breogán.

Que á nobre prole ensinen
fortísimos acentos,
non mólidos concentos
que ás virxes só ben están;
mais os robustos ecos
que ¡oh patria! ben recordas
das sonorosas cordas
das arpas de Breogán.

Estima non se alcanza
cun vil xemido brando;
calquer requer rogando,
con voz que esquecerán;
mais cun rumor xigante,
sublime e parecido
ó intrépido sonido
das armas de Breogán

Galegos, sede fortes;
prontos a grandes feitos
aparellade os peitos
a glorioso afán;
fillos dos nobres celtas,
fortes e peregrinos
Luitade polos destinos
dos eidos de Breogán.

Este é o noso himno. Un poema non se corta pola metade. Pondal quería dicir máis que dúas estrofas.

GALIZA CEIVE!!!







2006/8/27

Telegaita

Telegaita

A TVG ou Telegaita é unha compañía de televisión de gran prestixio e con programas de indubidábel calidade. A súa fundación foi aló polo ano 1670 a.C., alguns séculos antes da aparición dos televisores. Mentres tanto, adicábanse a prepará-los guións que conformarían as 235 tempadas de Pratos Combinados. É unha canle que se pode sintonizar en Galiza, España, Portugal, Arxentina e Tuvalu Ulterior.

Programas estrela

- Luar: Programa destinado á xuventude que se emite tódalas noites dos venres ininterrompidamente dende 1939, cando Franco chegou ó poder. Entre os seus contidos atópanse: baile de vellos, gaita tocada por vellos, vell
os que cantan, tres vellos contando chistes e chamadas a casas de vellos.

- Pratos Combinados: Serie pioneira do humor intelixente. Os seus protagonistas son Miro Pereira, un Homer Simpson de Galiza e o seu cuñado Morris, un anano con gafas. O argumento é o seguinte: Miro e Morris teñen un plan pra estafar aos seus amigos, sorprendentemente vailles ben, alguén ó final descúbreos e rematan fregando os pratos mentres os seus amigos comen empanada e rín. Esta fórmula funciona dende fai 10
anos.

- O Show dos Tonechos: Trátase dun programa cultural que reflexa a sociedade galega dende una perspectiva intelectual. Os seus presentadores son Tonecho e Tucho, dous expertos da socioloxía galega. De cando en vez alguén remata cunha tarta na cara.

- Xabarín Club: O programa infantil, o mellor da cadea. Foi famoso por Bola de Dragón (cuias
traduccións nas cantigas eran do máis fieis á orixinal), Doraemon (ten un peto máxico) e Arale (famoso o seu episodio da Bosta de vaca, Merda de can e Merdiña de paxaro). Tamén se lle atribúe como o impulsor do Rock Bravú nos 90, é dicir, unha especie de Bola de Cristal pero version "cajonaconaquetepariu", desgraciadamente, ó Porco Bravo só o viamos os nenos, e cantigas como Carmiña Vacaloura, Churras, Churras, Churras pero que ghalo é ou Ahí ven Tristón o Mangallón non transcenderon máis aló dos recreos.

- Supermartes: Foi un programa innovador onde os haxa. Antes de que existise Boris, na Telegaita xa tiñamos un presentador con máis pluma que a Galiña Caponata, o inefable SuperPiñeiro un mutante un pouco máis alto que Torrebruno e que tamén amenizaba as tardes aos galegos dende a Radio Galega. A pesar do seu nome non sempre se emitíu os martes. Récord absoluto de tempadas en antena das canles de Televisión en España. Comezou a emitirse fai dous séculos e tiveron que vir os sociatas pra cancelá-la súa emisión.

- En Xogo: é o clásico deportivo por excelencia. O seu parcialismo é obxeto de estudo na Universidade de Harvard. En Coruña cren que apoia aos de Vigo, en Vigo cren que apoia aos de Coruña e o certo é que son máis merengues que Deus. Cabe dicir que o comentarista dos partidos do Celta foi violado de pequeno por un cachalote e por iso fala cun ton de voz moi extrano.

- Zapping Comando: Programa orixinal onde os haxa, onde tódolos actores secundarios das series da TVG fan parodias doutras cadeas, inclusive a súa, inda que pareza que o teñas visto nalgún programa (ex: Homo Zapping) son totalmente innovadores polo que cualquera comparación sería unha burda imitacion.

- O Doutor Who (ler O Doutor Ju): serie mítica dos comezos da Telegaita na que un fulano británico de rizos (pode que un parente de Bisbal), con abrigo e bufanda se adicaba ás viaxes entre dimensións utilizando unha cabina de teléfonos. Nesas dimensións atopábase a monstrosos mutantes con cabezas de spaghetti que cuspían blandiblú por tódolos seus poros.

- Perdelo Todo: Programa novo pertencente á "limpeza" que está a facé-lo PSOE en Galiza pra borrar todo o que cheiraba a gañán. Neste programa, sabendo que só van a concursos da TVG rapaces de entre 19 e 28 anos ou de entre 50 e 75 años, todos pertencentes a zonas
rurais, ou, no seu defecto, rururbanas (cidades pero en mini, en plan Xinzo de Limia), pois este concurso trata de fallá-las preguntas, polo que estos ghañáns só teñen que respostar ben ó seu xeito. É destacábel el presentador, un saltimbanqui que se cré simpático que naceu en Vigo oi 
na Coruña, debido ó seu acento pouco arraigado.

- Cifras e Letras: Programa aparecido coa chegada ó poder da coalición de nacionalistas e socialistas (nacionalsocialistas, ergo, nazis) no que o 99,9% dos participantes son estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. O outro 0,1 son xubilados. Este concurso serve para meter sutilmente as novas palabras do galego normativizado grazas a dous "mestres": unha con apariencia de fráxil señorita na que se agocha unha verdadeira ninfómana e un señor un pouco modosiño que intenta por tódolos seus medios cepillarse á súa compañeira, algo que nunca
logrará, e menos cós seus chistes coa gracia no cú. Destacábel que o presentador viñera representar en Libro de Familia o papel de camareiro-salseiro-rumbeiro-emigrante retornado.

Outros datos

No logo da TVG, podemos apreciá-la presenza do PP... Na cor azul e a silueta da gaivota... ¿non?
Momentos clásicos. Dialogos memorábeis nas películas:

- "¿Cómo?¿Fodiches nela?": Dille o coleguiña a Michael Douglas en Instinto Básico.

- "Bueno, non empecemos a chuparnos as pirolas": Harvey Keitel aos matóns de Pulp Fiction.

- "A rañala, raparigo": O mítico "Sayonara Baby" de Terminator, versión "Jalisia profunda".

- "Para vencer a Austin Powers témoslle que lle roubar o seu...mollo": O Doutor Maligno, xunto có seu Minieu, para roubarle o "mojo" a Austin Powers.

- "¿Gustaríache comerme a perrecha?": Juliette Lewis a Tarantino nunha inolvidábel escea de Aberto até o amencer, en coxunto, unha das mellores adaptacións de guión ó galego de tódolos tempos.

- "És un pimpín Son Goku": O super guerreiro Vexeta ao seu super enemigo Son Goku.

- Dí a lenda urbana que en Pulp Fiction existe a frase "Coidado con
esa rapariga que estudiou no Peleteiro" (Pele pra os amigos; non
confirmado).

Otros momentos memorábeis

- "Papá macho paso de todo tiu": Esta frase, pertencente a Tucho do Show dos Tonechos, foi o vocablo máis repetido por toda a xuventude das areas rurais no 2005, e probábelmente até o 2050. Cabe destacar que ademáis de repetí-lo vocablo esfózanse por poñé-la voz do actor, e no 80% dos casos consígueno.

- "Me cagho na cona que te pariu Ghayoso, hai xente que ten que traballar mañá, carallo" Paisano tras recibir unha chamada do Gayoso de Luar ás 12 da noite.

- "Detesto a miña pixa" Un paciente da serie Nip/tuck (traducida intelixentemente ó galego como Quita e Pon) quéixase do tamaño do seu pene.

- Os comentaristas dos partidos de fútbol da TVG son unha fonte inagotábel de grandes frases: "Vaia ano o de Baiano".

"Palabros" inventados pola TVG e que ninguén máis utiliza

- Padiolas: díse das camillas utilizadas no fútbol. 

- Parabéns: díse da felicitación polas razóns que sea. 

- Sobranceiros: díse dos antepasados de alguén. 

- Alacante: díse da cidade da Comunidade Valenciana. 

- Cecais: din os comentaristas deportivos no canto de quizáis. 

- Grazas: expresión de agradecemento en Xunteiro (lingua oficial da Xunta e a TVG), de recente creación; en portugués dise "obrigado", e en galego, castrapo, castelán, chapurrado, curuñés e vighés dise "gracias". 

- Calquera nome estranxeiro, como "Kloifer" (Kluivert), "Kokí" (Cocu- leer "co cú"), "Flavio Conseisón" (Flavio Conseição), "Luisón" (Luizão), "Cuman/Coeman/Coiman" (Koeman), "Seidorf/Sedorf/Seadorf/Sidorf" (Seedorf) , "Fan Jal"(Van Gaal) ou "Fran de Bur"(Frank de Boer).

2006/8/21

GALIZA CONTRA O LUME. Manifesto de ADEGA

 

O VALOR DO MONTE:
Dende sempre os montes do noso país teñen sido unha importante fonte de recursos naturais sobre os que foi posíbel boa parte do desenvolvemento do meio rural e da sociedade galega en xeral. Coa política de despovoamento rural que se inicia xa nos anos 60 cunha polí-tica de repovoación forestal que reduce os usos tradicionais do monte ao uso forestal e cunha política agraria comunitaria orientada ao aban-dono das nosas explotacións agrogandeiras para convertirnos a todos e a todas en consumidores dos excedentes europeos, o monte galego e boas partes das terras agrarias pasan a ter un valor productivo residual convertíndose na súa meirande parte en almacén de madeira en vivo para as plantas de papel de ENCE (Pontevedra) e NAVIA (Asturias). Aínda así, o monte nunca deixou de ser un recurso ambiental de primeira importancia, -como soporte de toda unha ampla diversidade de ecosistemas e hábitats naturais ou como sostén e alimento de impor-tantes recursos hídricos-, nen tampouco un importante recurso social como lugar para o lecer ou como recurso económico e social, -hoxendía son moitas as actividades e obras parroquiais que se están financiando en base aos recursos económicos aportados polos montes veciñais en mán común.

OS IMPACTOS DO LUME:
Todo incendio forestal provoca graves impactos ambientais, económicos e sociais. Cando un monte se queima, perde, a primeira vista, a cuberta vexetal e, con esta, a producción forestal, o pasto para o gando ou os recursos cinexéticos, amáis de sinificar unha degrada-ción total da paisaxe de indudábeis impactos sobre o turismo. Mais perde tamén complexos ecosistemas e hábitats de flora e fauna (incluídos os microorganismos e a materia orgánica do solo) de incalculable valor ecolóxico e de moi dificil recuperación. E, a maiores destes, tamén os impactos derivados da erosión: perda de solo, disminución dos recursos hídricos (facendo máis dificil a recuperación do meio natural), conta-minación da auga dos ríos e das rías polas cinzas e productos de combustión arrastrados pola auga.

AS CAUSAS DO LUME:
Os incendios forestais parecen xa un andazo do monte galego. As súas causas remotas son, dende logo, de tipo estrutural: unha política agrogandeira decidida dende Europa orientada, -como se dixo arriba-, ao abandono das explotacións agrarias e ao despovoa-mento rural; unha política forestal, -iniciada xa nos anos 60 principalmente orientada ao monocultivo de pinos e eucaliptos para beneficio exclusivo das industrias da pasta de papel-, que non soubemos correxir a pesar de que, xa no 1.989, unha Iniciativa Lexislativa Popular solicitaba un novo Plano Forestal para a posta en valor das funcións sociais, produtivas e ambientais do monte; xunto ao caos urbanístico que levou as urbanizacións ao monte e trouxo o monte até a cidade .
Pero o monte non arde se non se lle prende lume. Deixando a un lado a irresponsabilidade dos pirómanos, as imprudencias teme-rarias no manexo do lume e os incendios por causas naturais, son moitos os intereses que coinciden en que o monte arda: conflitos de uso (a caza, o pasto, a gandeiría, os danos do lobo, etc); conflitos de propiedade; comercio da madeira; recalificacións urbanísticas; infraestruturas, etc. Todas elas, -incluída a industria do lume creada ao rredor da política de extinción-, han de ser consideradas en calquera investigación sobre a causalidade dos incendios.

OS INCENDIOS DESTE ANO:
Mais ningunha destas causas, -aínda coincidindo cunhas condicións climáticas de seca, calor e vento completamente favorábeis á extensión e propagación do lume-, pode explicar os incendios destes primeiros días de agosto. Non hai lei de proba-bilidade que poda explicar tal proliferación de incendios concentrados exclusivamente na parte máis povoada do territorio, cun lume que empeza arredor das zonas máis urbanas e povoadas, con varios focos de lume simultáneos que de seguida se convirten nun incendio incontrolado e cunha sofisticación de artefactos incendiarios que nunca antes tiñan aparecido. As consecuencias: uns medios técnicos e humanos ben pronto sobardados en toda a súa capacidade por non poder empregar outros formas de loita contra-incendios que as de atender a salvar as vidas da xente e as casas asediadas polo lume.

PRIMEIRAS PROPOSTAS CONTRA O LUME:

En calquer situación dramática como a que se vivíu nestes primeiros días de agosto, non pode haber outra prioridade que a loita contra o lume; mais ningún éxito é posíbel se primeiro non sabemos de onde nos vén. Así pois, compre empezar por identificar a intenciona-lidade que hai detrás destes incendios e, polo tanto, compre reclamar medios policiais e xudiciais ao respecto, pero tamén a colaboración de toda a cidadanía e a implicación do parlamento, do governo e de todos os poderes públicos a fín de que non tardemos en saber que intereses e intencións teñen dado lugar a esta vaga de lume que acabamos de sufrir.
E comprirá logo promover un gran pacto político e social que empece apartando o lume da loita partidaria; que avance na ordena-ción racional do territorio, e que, de forma urxente, -a máis de centrar a política da loita contra o lume na prevención máis que na extinción-, bote a andar unha nova política para a posta en valor do meio rural (de forma que se logre frenar, se non invertir, o despovoamento que hoxe padecemos) e unha nova política para o monte que parta de integrar as funcións ambiental, social e productiva deste, reintroducindo, por unha banda, a diversidade de usos tradicionais no monte galego e a diversidade de especies na producción forestal, e por outra abandonando para sempre o monocultivo do pino e do eucalipto para o lume ou para as industrias de pasta de papel.

Santiago, a 20 de Agosto do 2006.

ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA www.adega.info

2006/8/16

O PP freará os disparates no estatuto.

Manuel Fraga, fundador do PP, ex presidente da Xunta e senador (e exministro dunha ditadura), asegurou que a súa formación política "freará calquera disparate"(con outro maior) no proceso de reforma do Estatuto galego, xa que é maioritaria en Galicia.

En declaracións a Efe apuntou que os galegos, "grazas a Deus, fomos sempre xente de sentido común, sentímonos tan galegos coma españois e tan españois coma galegos (o que non sabe fraga e que a última enquisa que se fixo deste tipo, a opción máis escollida e: Máis galego que español)... e iso o PP vaino defender ata o final", manifestou.

No proceso de reforma estatutaria, o seu sucesor á fronte do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, "está a traballar ben (ben jodido, non deixando avanza-lo proceso)", e agregou que en Galicia "temos a posibilidade de frear calquera disparate" e "faremos uso diso se é necesario (como bos ditadores autoritarios que somos)", tras o que lembrou que os populares son os máis votados en Galicia (pero non gobernan).

Sobre a petición a Núñez Feijóo dos grupos que forman parte do Goberno galego –PSdeG e BNG– para que se desmarque da dirección nacional, Fraga cre que están "perdendo o tempo e facendo o ridículo (ti si que fas o ridículo, maricón)", e emprazounos a que fagan o que predican cos seus propios partidos.

 

"O partido en Galicia cambiou para ben"(para ben foder), asegura

Fraga considerou que o seu partido en Galicia, desde o congreso da súa sucesión, "cambiou para ben, porque cambiou de xeración e logrou unha profunda continuidade". Os "electos" son "xente de primeira" e "teñen a idade adecuada e están á altura do que hai que facer neste momento", engadiu.(son vellos que levan toda a vida sufrindo politica caciquil e que agora non queren progresar como deus manda cun cambio de goberno)

Sobre a decisión do seu partido de que Francisco Cacharro non repita como candidato á Deputación de Lugo, manifestou que levaba moitos anos no cargo e "ultimamente perdéronse alcaldías que eran nosas de sempre, como Viveiro ou Ribadeo, e parece que era conveniente unha renovación".(o que rea conveniente era eliminar as deputacións)

En todo caso, indicou que Cacharro "é e seguirá sendo, se el quere, o máis antigo dos senadores", cargo que corresponde a quen "somos veteranos" (xa podedes ir podrecendo).

Respecto a José Cuíña, que durante anos se considerou o seu delfín e renunciou a presentarse a sucedelo no congreso ó non obter apoios suficientes, Manuel Fraga manifestou que tivo "as súas oportunidades" e "pode ter outras", ó tempo que lembrou que no seu último libro de memorias destacou o seu "gran labor" en Política Territorial.(Politica territorial, manda carallo. E fraga ten memorias?)

- - - - - - - - - - - - - - - - - -

Pra ler este artigo tirado de www.galicia-hoxe.com tendes que fixarvos que as parénteses son feitas na casa. E agora ven o  momento das críticas, así que queredes animar a Fraga a metelo pé no ataude adiante.

2006/8/14

Bo artigo da presidente de ADEGA

Diante deste drama , e deste desastre ecoloxico, compre duas reflexions: 1)A quen beneficia o lume. 2) que se fixo mal que deba ser corrixido para evitar ou, cando menos dificultar esta hecatombe. Para as duas cuestions, ocorreseme reflectir que todos pecamos de inxenuos. A capacidade de incendiar é muito maior da que se tiña previsto. A capacidade de prever era muito menor da que se esperaba. Por iso é que digo inxenuos . Non se contou con que muitos concellos non ian colaborar. Non se contou coa inmensa capacidade incendiaria dos bosques sen limpar , en encostas ou de especies ignífugas. Non se contou coa existencia de métodos de prender lume muito mais eficaces e sofisticados dos habituaiais. Non se contou con que habia sectores da populación interesados en que non pasase este veran sen arder. Non se contou tampouco con unha climatoloxia favorable aos incendios, que, por outra parte, sempre existiu.Mas nunca tiña acontecido esta explosión repentina e simultánea incendiaria. Para alen diso arden tanto as especies pirófitas como as frondosas. O dano en saude tanto ecoloxica como humana é enorme. As persoas estan a respirar un ar contaminado, con dano para as suas vias respiratorias, e os solos fican empobrecidos a todos os niveis. Os restos de materia carbonizada acaba por cair nos rios e rias, danando a vida que se cria nelas. Nesoutro dia falei con unha mariscadora de Vilaxoan. Diciame: Atacannos por terra agora antes foi polo mar , só fica o ar, mas polo que sabemos nen iso queda. Mas tamén dicia: Se escrebes ou falas nalgún medio di que as galegas e galegos vamos sair para adiante , ainda que algúns non o queiran. Porque lle votamos valor. Non se trata de eximir de responsabilidades ao governo. Tampouco de criticar gratuitamente, pois como ben se sabe o falar non ten cancelas. Agora trátase de trabar a ola de incendios, e de coidar que non se reproduzan ou extendan. Recoñezo o empeño por lle poñer remedio a esta situación e a transparencia informativa, coa comparecencia diaria dos responsables do governo. Non se negou a evidencia da gravedade, como os vellos políticos nos tiñan acostumados. Pediuse a interveción das forzas civis e militares, non como no caso do Prestige, que se lles tivo parados un tempo precioso. As formas son de todo diferentes, e iso e de recoñecer. Mas a eficacia da prevención non foi tal. Isto non debia ter sucedido.Posiblemente non se valoraron os resortes que funcionan no medio rural.Nen a capacidade incendiaria deste terrorismo ecolóxico.Como se fixera no caso do Prestige debemos reclamar a opinión e colaboración dos expertos, tanto en temas forestais, como en socioloxia, e das xentes que viven do monte e do agro . Agora a poblacion civil volta a movilizarse. É un caso de urxencia , como o do Prestige. E farémolo como o fixemos antes. Nunca Máis , que representa a esta poboación civil, que integra tanto a colectivos como individualidades, convoca a unha manifestación en Compostela, tamen asediada polas chamas, para o domingo 20 de agosto. Ali estaremos para proclamar que hai xente que lle quere a este pais de Galiza, e que vai seguir loitando pola sua dignidade e para que a xente que decida traballar e vivir aqui o poida facer con base as riquezas naturais que temos e a nosa capacidade criativa. Mantendoas e incrementandoas de maneira perdurable. Ali estaremos para mostrar a nosa soliedariedade coas xentes que levan dias e dias traballando arreo para salvar o que se poida do lume. Tamen para mostrar a nosa disposición a colaborar nas tarefas que se coordenen, tanto desde a administración como desde os colectivos como ADEGA para traballar no voluntariado.   Adela Figueroa Panisse

2006/8/8

::: Lume :::

   Galiza arde. Esta todo queimado. Parece que non se pode facer nada. Onde están as solucións? Ningún político as deu. O único que deron foron acusacións, uns aos outros. Mentres os montes arden un tralo outro, os políticos tíranse fotos botando auga nun anaco de terra fumeante, e outros nin sequera aparecen.
 
   Galiza é a comunidade de maior masa forestal, e isto é algo do que nos temos que gabar. Mais o bo custa conservalo. Convén invertir presupostos en limpar montes e en contratar brigadas antincendios en épocas de alto risco. E se fai falla, crear unha lei que obrigue aos propietarios a te-las súas fincas en correcto estado, sen maleza e ben limpas. Non temos medios pra apaga-los lumes que acende esa especie infrahumana. Agora, despois de estar todo queimado, moitos agardan que se colla aos criminais. Aínda que todos sabemos que iso non pasará. Deterán ao 5% dos presuntos autores. E sendo sinceros, sería un consolo que detiveran a todolos autores? Pra min, non. Logo de ver como ardía a miña provincia, o meu pais, e ver como quedou todo, nin a cadea pra eses delincuentes me seria dabondo. Recuperar o que se perde ano tras ano é imposíbel. Repara-lo perdido custa moito traballo e cartos, esforzos e tempo.
 
   Galiza merece unha boa recuperación. Onde antes había vexetación teremos que prantar vexetación. Onde agora só existen as cinsas, mañá terá que haber carballos e castiñeiros. E non nos enganemos. Non debe deixar ninguén que nos lugares deforestados entren os intereses madeireiros, que basan a súa economía no eucalipto. O eucalipto é o inimigo principal dos ecosistemas de Galiza. Por iso só se deben repoboar os montes con especies autóctonas. Cando esta masacre remate, haberá que examinar todo o ocorrido e busca-los erros cometidos e os puntos febles pra que o ano que ven poidamos gañar dunha vez a batalla do lume na Nosa Terra.
 
   Galegos, esta masacre non ten partido político. Calquera goberno estaría en cueiros diante deste verán tan caluroso e destes incendiarios ignorantes. Os partidos políticos deben unirse pra afronta-lo problema, pra buscar solucións que nos saquen a flote deste asulagamento de lume onde nos mergullaron eses porcos (Pobres cochos). Pra todolos autores destes fermosos espectáculos de luz e cores: Sode-los meirandes fillos de puta que poden existir neste país.
 
  
2006/8/6

::: A semente da nacion :::

Logo da queda da dictadura de M. Primo de Rivera (1923-1929) e a Dictabranda, é proclamada o 14 de abril do 1931 a II República. Nacida dun pobo resentido coa dictadura e a monarquía e que agardaba liberarse dun sistema político falto de atención e consideración para con el, agroma a República: a oportunidade para que Galiza, Euskal-Herria e Catalunya puideran ver recoñecido o seu respeitivo feito nacional e avanzar no seu ben-estar. Nesta orde de cousas o panorama político no noso país experimenta o nacimento, en decembro de 1931, e no marco da ‘VII Asambreia Nazonalista’, do Partido Galeguista (PG); da man da xuntanza dun conxunto de organizacións políticas de corte nacionalista. Pedro Basanta e Alexandre Bóveda eran o presidente e secretario xeral, respeitivamente, da nova organización. Entre as iniciativas que desde os seus inícios terá na sua axenda o PG, destacaba como a máis importante a aprobación para Galiza dun Estatuto de Autonomía que garantira os direitos nacionais do país no marco dun Estado español federal.

Así foi que non se perdeu tempo por parte do nacionalismo e traballou-se arreo nas devanditas tres nacións sen Estado para a consecución de cadanseu Estatuto.

No noso país a campaña pro-Estatuto artellariase inicialmente por parte, dunha banda, dos rexionalistas da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) de Casares Quiroga e doutra, ao pouco, dos nacionalistas, inicialmente nucleados arredor das Irmandades da Fala e, despois, do PG. Á altura do 4 de xuño do 1931 desenvólvese na Coruña a xuntanza que, sob iniciativa da Federación Republicana Gallega FRG-ORGA, dá cabida a rexionalistas e nacionalistas e pretende dar como resultado un anteproxecto de texto estatutário base para encetar discusións sobre o marco estatutario. Unhas discusións que na propia asemblea se suscitan a partir da confrontación que se estabelece entre tres proxectos previos de Estatuto, a saber: Bases para un proyecto de Estatuto Gallego, Proyecto de Bases e o Antreproyeito de Estatuto da Galiza. O primeiro texto era da autoría do Secretariado de Galicia en Madrid, o segundo do Instituto de Estudios Gallegos coruñés e o último do Seminario de Estudos Galegos (SEG). O debate dá como resultado uns acordos mínimos, mais o feito de que só se dera cita na asemblea militancia da ORGA e do nacionalismo deslexitima, por minoritaria asistencia, a proposta a facer e salda en fracaso a asemblea.

Aínda así, o certo é que o debate servíu para que a cuestión estatutaria tomara dimensión social e organizacións políticas, entidades e persoas que non estiveron na mesma se pronunciaran arredor da temática en custión.
O cerne da proposta pro-estatuto era a expresada pola "seizón de cenzas sociaes, políticas i-económicas" do SEG no ‘Anteproyeito de Estatuto da Galiza’. Un proxecto realizado non para xustificar feitos, como a personalidade nacional do país, nen lembrar que a nosa nación foi "... próspera i-europea antes de realizada a inxusta uniformidade nazonal que padecemos, senón saber si (ainda ca vagaxe grandemente gravosa que temos d-herdar d-unhos cantos séculos de centralismo) o réximen de autonomía integral que propoñemos nos convén, ou non...". Este anteproxecto constaba de sete títulos sendo o primeiro o intitulado "Do Estado, territorio e cibdadáns da Galiza" que encetaba cun artigo primeiro no que se podia ler "A Galiza é un Estado libre drento da República Federal Española". Desde este intre podemos aseverar que Bóveda estará presente, sendo peza fundamental, en todo o deseño e desenvolvimento do proceso de elaboración e final redacción do Estatuto de Autonomía da Galiza.

Despois desta asemblea desenvólvese, á altura do outono do 1931, outro intento fallido de elaborar un Estatuto que fora consensuado pola totalidade das partes implicadas. Da man dos deputados galegos na cámara baixa do Estado, da denominada minoría galega, o sector republicano e galeguista destes, representado por Antón Vilar Ponte, Ramón Suárez Picallo, Lois Peña Novo, Emilio González López, Ramón Otero Pedrayo e Daniel Castelao, promove en xullo un novo texto a partir dunha xuntanza que se desenvolve na Coruña. Logo desta reunión, na que non se chega a acordo sobre texto algún, decídese desenvolver outra xunta en Madrid que será seguida doutra, tamén desenvolvida na villa y corte, o 15 de outubro. Desta última reunión é froito un texto no que a grande parte das propostas dos galeguistas, en minoría, desbótanse. Este resultado derivaba do intento de integrar no proceso de redacción do Estatuto galego, para que este cobrara lexitimidade, aos deputados de ideario conservador eleitos polas circunscricións galegas. Os galeguistas, mália o resultada, teiman na súa proposta.

A partir deste intre iníciase unha paréntese até a primavera do 1932. Baixo iniciativa de Alexandre Bóveda e Enrique Rajoy Leloup, edil do concello compostelán, o 19 de abril Raimundo López Pol, alcalde de Compostela, entende necesario reactivar o proceso estatutario. Nesta orde de cousas a cámara municipal compostelá aproba días despois a convocatoria dunha xuntanza, na propia cidade, de todos os concellos do país para debatiren arredor do que tería de ser o texto definitivo do Estatuto de Autonomía. A resposta da maioría dos concellos á devandita convocatoría será positiva, adheríndose ao proceso. Convócase unha xuntanza preparatorio e ábrese un prazo para a confección dun texto base que será o discutido posteriormente na que coñeceremos como ‘A Asemblea de Concellos de Galiza’. Finalmente márcase data para a asemblea a través da convocatoria asinada, con data 1 de novembro, polos alcaldes de Compostela, Ferrol, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Betanzos, Mondoñedo, Noia, Tui, O Carballiño e Lalín.

A Asemblea de Concellos Pro-Estatuto

O 10 e 11 de decembro de 1932 desenvolviase en Compostela a II Asemblea do PG. A organización que aporta aos activos pro-Estatuto máis dinámicos trata nesta asemblea varias custións, mais fai da cuestión estatutário o asunto que máis tempo ocupou nos debates. Nas conclusións programáticas recollidas polo PG nun caderniño pódese ler "... o Estatuto é a meirande preocupación d-estas horas críticas...". Certamente, non hai dúbida da importancia que tivo para o PG o Estatuto e os esforzos que invertíu, baixo a dirección de Bóveda, na súa realización.

O sábado 17 de decembro de 1932 encetaba ás doce e media da mañá no Salón de Actos da Facultade de Medicina compostelá a sesión inaugural da Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto. Ao longo de tres días debateriase –retransmitindo para América- arredor do texto estatutario. Xaime Quintanilla, alcalde de Ferrol, nomeado presidente da Asemblea non faría o próprio por baixa médica e sería sustituido polo alcalde pontevedrés Bibiano Fernández Osorio Tafall, que se encargaría da apertura do acto. A seguinte nota xornalística presenta as primeiras horas do 17 de decembro en Compostela: "Desde las primeras horas de la mañana se advirtió una desusada animación en toda la ciudad. Casi todas las casas lucían colgaduras respondiendo a la invitación que hizo el señor Alcalde en su circular de ayer. A diez de la mañana recorrió las calles la Banda de Beneficencia ejecutando algunas de sus más escogidas partituras . Casi en todas las calles había rotuletas dando la bienvenida a los asambleístas y exaltando el amor a Galicia".

En xeral foi unha asemblea de grande debate, en canto temática e duración na que Galiza, representada a través dos seus concellos -227 representados dun total de 319- se xogaba o seu Estatuto. Só duas cuestións levantaron o ton dos asembleistas: a cooficialidade do galego e o español e a capitalidade da Autonomía. A intervención de Alexandre Bóveda en favor do galego e fronte Montero Díaz, fixo que a inmensa maioría dos presentes apostaran pola necesidade da equiparación do galego e o español. Non en ván tense escrito que naquela asemblea "... discutiuse, artigo por artigo, a Ponencia formulada pola Comisión de téinicos, producíndose debates acalorados e de grande outura, nos que se puxo de manifesto a voutade férrea e o talento luminoso de Bóveda, herói daquelas xornadas". A temática referida á capitalidade adiariase para outra xuntanza; o importante era que os concellos lle deran luz verde ao Estatuto para o plebiscitar. Así foi. 209 concellos, dos 227, deron o seu voto afirmativo ao texto.

Logo da asemblea editoriais de xornais, volantinas e cartaces, entre outros meios, foron utilizados para expresar o éxito que supuxo o resultado da xuntanza e transmitir ao conxunto da nación o feito histórico que representaba a aprobación do articulado estatutario. Podíase ler nun periódico do momento: "Ya tenemos Estatuto. Ya Galicia dió su primer paso para su liberación del yugo centralista y se dispone a plebiscitar su Estatuto".

28-X, o plebiscito

O camiño cara a aprobación do Estatuto estaba, en parte, andado, só restaba, como nesta nota xornalística se resaltaba, plebiscitalo. O triunfo da dereita máis reaccionaria e españolista nas eleicións estatais de novembro do 1933 fixo que o proceso estatutario ficara conxelado. Haberá que agardar ao triunfo nas eleicións de febreiro do 1936 da coalición de esquerda Fronte Popular, na que estaba integrado o PG. Coa vitoria desta fronte eleitoral, e mercé ao acordo que o PG consegue dos seus socios, desconxélase o proceso. Así márcase data para o plebiscito: 28 de xuño.
A campaña que os socios da Fronte Popular, tendo á cabeza ao PG neste asunto, realizan a prol do Estatuto será intensa, achegando a necesidade da aprobación do texto estatutario a todo recuncho do país. Mítins, intervencións radiadas –incluso a América-, concentracións, coladas de cartaces, de verdadeiras obras de arte dos nosos mellores artistas –Castelao, Maside, Díaz Baliño, Vidarte, Zeus, Díaz Pardo, etc, son boa proba da campaña.

O 28 de xuño era o Día, con maiúscula. Esa axitación calculada que se vivía na Galiza deu como resultado, segundo o escrutinio oficial, que, dun censo de 1.343.135 votantes, se pronunciaran favorabelmente ao Estatuto 993.351 galegos e galegas. Fronte a estes ficaba unha insignificante minoría de 6.161 sufraxios. Xa que logo superáranse as dúas terceiras partes necesarias para que fose vinculante a postura proclive ao Estatuto. O camiño seguía aberto para chegar até o último tramo: a aprobación/ratificación en Cortes do Estatuto que sería elevado a Lei. O 15 de xullo entregábaselle ao presidente do Congreso español o texto estatutario. O día 17 Manuel Azaña, á sazón presidente da República, conversaba coa delegación oficial galega que viña de entregar o Estatuto. O 18 de xullo as novas non podían ser piores... Aquel noso Estatuto sería aprobado en México, no exilio, en novembro de 1945. Moitos dos seus artífices foran, case dez anos antes, asasinados logo do Golpe de Estado. Mais a aprobación do Estatuto constatou que deixaran semente de vencer!
 
Un artigo de Uxío Breogán Diéguez.

::: Alba de Groria ::: A.D. Rodrígues Castelao

Miñas donas e meus señores:

SI NO ABRANTE d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, té as rías de Pontevedra, oureladas de piñeraes; dende as serras nutricias do Miño o a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas d-entrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria. O día de festa comenza en Sant-Iago. A torre do reló tanxe o seu grave sino de bronce para anunciar un novo día, e de seguida comeza unha muiñeira de campás, repinicada nas torres do Obradoiro, que se comunica a todol-os campanarios da cibdade. Pero hoxe as campás de Compostela anuncian algo máis que unha festa litúrxica no interior da Catedral, con dinidades mitradas e ornamentos maravillosos, de brocados e ouros, con chirimías e botafumeiro, capaz de dar envexa á mesma Basílica de Roma. Hoxe as campás de Compostela anuncian unha festa étnica, filla, tal vez, d-un culto panteista, anterior ao cristianismo, que ten por altar a terra nai, alzada simbólicamente no Pico Sagro; por cobertura o fanal inmenso do universo; e por lámpara votiva, o sol ardente de xullo, o sol que madura o pan e o viño eucarísticos. Por eso a muiñeira de campás, iniciada en Compostela, vai rolando por toda Galiza, de val en val e de coto en coto, dende os campanarios pimpantes da veiramar até as homildes espadañas da montaña. E o badaleo rítmico das campás -de todal-as campás de Galiza en leda algarabía- semella o troupeleo dos cabalos astrales, que veñen pol-a vouta celeste, turrando co carro de Apolo, que trai luz e calor ao mundo en sombras. Hoxe é o Día de Galiza, e así comenza.

Así dá comenzo a solemnidade d-este día; a Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os galegos. Pero ninguén pode sentila, coma nós, os emigrados, porque en tal día coma este revivien as lembranzas acuguladas, e coa moita destancia agrándase o prodixio da patria. Hoxe a nosa imaxinación anda por alá, en festa de saudades, escoitando as cántigas montañesas e mariñeiras que van para Compostela, vendo o noso país embandeirado de azul e branco, con músicas, gaitas, pandeiros, aturuxos e foguetes... E dispóis de evocar o repique matutino das campás -mal ou ben, ao xeito de Otero Pedrayo-, eu podía evocar igoalmente, todol-os lances xubilosos d-este día, hora a hora, minuto a minuto. Pero ¡cómo se tornan tristes as alegrías evocadas lonxe da patria! ¡Cómo doen as ledicias arrincadas do recordo da nosa mocedade! E cómo para min é certo o que dixo o mellor poeta da nosa estirpe:

Sen tí perpétuamente estou pasando

Nas maores alegrías, maor tristeza

Non; é moito mellor evocar algo irreal, algo puramente imaxinario, algo que co seu simbolismo nos deixe ver o pasado para proveito de futuro, como unha boa esperiencia. Podemos imaxinar, por exemplo, unha Santa Compaña de inmortaes galegos, en interminabel procesión. Alí veremos as nobres dinidades e os fortes caraiteres que dou Galiza no decorrer da súa Hestoria. Verémolos camiñar en silenzo, coa faciana en sombras e o mirar caído na terra dos seus pecados ou dos seus amores, agachando ideias tan vellas que hoxe nin tansiquera seríamos capaces de comprender, e sentimentos tan perennes que son os mesmos que agora bulen no noso corazón. Algúns verémolos revestidos con ricos panos e faiscantes armaduras; pero os máis d-eles van descalzos e nús, cos osos prateados pol-o fulgor astral.

Ao frente de todos vai Prisciliano, o heresiarca decapitado, levando a súa propia caveira n-unha arqueta de marfin e afincándose n-un longo caxato, que remata coa fouce dos druidas, a modo de báculo episcopal. Siguen a Prisciliano moitos adeptos, varóns e mulleres. Detrás veñen dous magnates, que cicáis sexan: Teodosio, o grande Emperador de Roma, e San Dámaso, o Sumo Pontífice da cristiandade, seguidos ambos por unha hoste de soldados i ecresiásticos. Ollamos dispóis unha ringleira de mortos escrarecidos, que portan os atributos da súa dinidade ou da súa profesión. Alí distinguimos á virxe Eteria, a escritora pelengrina, con túnica de branco liño e camiñando con arfado compás. Ao hestoriador Paulo Orosio, discípulo de San Agostiño, que marcha pensatibre, c-un rolo de pergameos na man. Ao bispo e cronista dos tempos suevos, a Idacio, que alumea o camiño c-unha lámpara de bronce. A San Pedro de Mezonzo, o autor da Salve Regina Mater -o cántico e oración máis fermosa da Eirexa-, c-unha fragante azucena nos beizos. Ao fundador San Rosendo, que sostén litúrxicamente a custodia do noso escudo tradicional. E moitos, e moitos máis, que é dificultoso recoñecer. Logo vemos ao primeiro Arzobispo de Compostela, o gran Xelmírez, revestido de pontificial, con aurifulxente cortexo de mitrados e coengos. Após do perlado ven Alfonso VII, o Emperador, con cetro na destra, espada na sinistra e coroa de ouro e pedraría nas sens. Siguen ao Emperador: o Conde de Traba, seu aio, e demáis bultos da soberba feudal de Galiza. Ollamos dispóis aos monxes letrados, en longa fileira, con velas acesas e libros abertos. Ven detrás o mestre Mateo, o Santo dos Croques, co Apocalipsis debaixo do brazo, encabezando unha grea de arquiteitos e imaxineiros, que portan as ferramentas das súas artes. De seguida aparece unha moitedume de xograres e trovadores, en mistura de tipos e atavíos. Algúns semellan ter sido monxes; outros calzan esporas de ouro, en sinal de que foron cabaleiros; pero os máis d-eles van esfarrapados, con vellas cítaras, laúdes e zanfoñas ao lombo. Alí recoñecemos a Bernaldo de Bonaval, a Airas Nunes, a Eanes do Cotón, a Pero da Ponte, a Pero Meogo, a Xohán de Guillalde, a Meendiño, a Xohán Airas, a Martín Codax, a Paio Gómez Charino, a Macías, a Padrón, e moitos máis, todos con lume no peito. Non tardan en aparecer as dúas belidas e infortunadas irmáns, Inés e Xohana de Castro, a que reinou en Portugal dispóis de morta e a que foi raiña de Castela n-unha soia noite morna de vran, como dúas rosas de prata as coroas do seu efímero reinado. Veñen de seguida os moitos varóns altaneiros de Galiza, os señores feudales, que non souperon vivir en paz nin consigo mesmos, todos eles montados en bestas negras, dende Andrade, o Bó, seguido por un porco montés -símbolo totémico da súa casa-, até o valente Pedro Madruga, que leva o puñal da traición espetado nas costas. Como grupo singular destácase o Mariscal Pardo de Cela, xunto cos seus compañeiros de martirio inxustamente decapitado, que sosteñen con entrambas mans as propias cabezas, aínda frescas, que deitan sangue e piden xusticia. Tamén ollamos unha boa representación do feudalismo ecresiástico, e n-él distinguimos aos tres Arzobispos Fonseca, pai, fillo e neto, seguidos por unha mula cangada coas obras de Erasmo. E detrás de tanto señorío feudal ven a pé o seu mellor cronista, Vasco da Ponte. De seguida recoñecemos a impoñente tropa dos irmandiños, que arrastran cadéas, con bisarmas e fouces mangadas en paus, levando por abandeirado a Rui Xordo, que sostén en outo un facho de palla acesa e fumeante.

Eiquí comeza a decaer a categoría do fúnebre cortexo, como decae Galiza ao trocarse en povo vencido e subordinado. Pero sigue dando individualidades, como Sarmiento de Gamboa e os Nodales, que camiñan xuntos, portando astrolabios, atlas e cunchas estranas; o filósofo escéptico, Francisco Sánchez, con muceta de Doutor; os Virreis de Nápoles e das Indias, Conde de Lemos e Conde de Monterrei, que serviron lealmente a quen non merecía ser servido por ningún galego; os tres grandes Embaixadores filipescoz, Zuñiga, de Castro e Gondomar, que inútilmente derrocharon talento, sabiduría e artes diplomáticas; os escultores Moure e Ferreiro, xunto cos arquiteitos Andrade e Casas e Nóvoa, que ceibaron de cadeas a nosa orixinalidade oprimida; o P. Sarmiento e o P. Feixóo, que remediaron o retraso cultural de España coa súa poderosa erudición e o seu xenio enciclopédico. Ven axiña Nicomedes Pastor Díaz, coa súa lira de nacra, abrindo a renascencia literaria de Galiza e seguido pol-os poetas Añón, Rosalía, Curros, Pondal, Ferreiro, Lamas, Amado Carballo, Manoel Antonio e tantos outros, todos con estrelas sobor das súas frentes; os hestoriadores Vicetto, Murguía e López Ferreiro, os patriotas Faraldo e Brañas, a pensadora Concepción Arenal, a escritora Pardo Bazán, e por fin o gran Don Ramón, ainda non ben descarnado...

Acabo de citar uns cantos bultos da Santa Compaña de inmortaes galegos, uns cantos nada máis, porque nos dous mil anos da nosa hestoria, os bultos cóntanse por milleiros.

Dí Oliveira Martíns que ha Hestoria non hai máis que mortos e que a crítica hestórica non é un debate, senón unha setencia. Pero todos sabemos que os mortos da Hestoria reviven e mandan sobor dos vivos -moitas veces desgraciadamente-, como todos sabemos que a mellor sentencia é a que se da dispóis d-un debate. Por eso eu gosto de poñer a debate a nosa Hestoria, non a nosa Tradición, porque si ben é certo que se pode compor unha grande Hestoria de Galiza con soio recoller as crónicas dos seus grandes homes, tamén é certo que ningún d-eles, nin todos xuntos, foron capaces de erguer a intransferibel automomía moral de Galiza á categoría de feito indiscutibel e garantizado. Afortunadamente, Galiza conta, para a súa eternidade, con algo máis que unha Hestoria fanada, conta c-unha Tradición de valor imponderabel, que eso é o que importa para gañar o futuro.

Cando a Santa Compaña de inmortaes galegos, que acaba de pasar por diante da nosa imaxinación, se perde espesura d-unha foresta lonxana, con esa mesma imaxinación veremos xurdir do Humos da terra-nai, da terra, da nosa terra, saturada de cinzas humáns, unha infinida moitedume de luciñas e vagalumes, que son os seres innominados que ninguén recorda xa, e que todos xuntos forman o substractum insobornabel da patria galega. Esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma que en que eu vos estou falando, a nosa cultura, as nosas artes, os nosos usos e costumes, i en fín, o feito diferencial de Galiza. Elas son as que, en longas centurias de traballo, humanizaron o noso territorio patrio, infundíndolle a todal-as cousas que na paisaxe se amostran o seu propio esprito, co que pode dialogar o noso corazón antigo e panteita. Elas son as que gardan e custodian, no seo da terra-nai, os legados múltiples da nosa tradición, os xerms incorruptibeis, da nosa futura hestoria, as fontes enxebres e purísimas do noso xenio racial. Esa moitedume de luciñas representa o pobo, que nunca nos traicionou, a enerxía coleitiva, que nunca perece, i en fín, a espranza celta, que nunca se cansa. Esa infínda moitedume de luciñas e vagalumes representa o que nós fomos, o que nós somos e o que nós seremos sempre, sempre, sempre.

Velahí o que eu quería dicir n-este Día de Galiza, en loubor da nosa Tradición, por riba da nosa Hestoria, a todo-los galegos que residen n-esta terra que para nós é a segunda patria. E nada máis, amigos e irmáns.

Que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares.

2006/8/1

La nación gallega es una invención política

   <<Con indignación he visto los anuncios pagados por la Xunta de Galicia y, por lo tanto, por todos los contribuyentes, que este 25 de julio afirmaban que se celebraba el Día Nacional de Galicia. No puede celebrarse un Día nacional donde no hay una nación, y por ello, el único sentido que tiene este gasto publicitario con dinero público es tratar de que vaya calando entre los ciudadanos la idea de que Galicia es una nación. Esto no tiene fundamento, ni nos conviene a lso ciudadanos, pero conviene a los partidos políticos que buscan la secesión y la creación futura de un estado independiente, en el que pudieran hacer y deshacer a su gusto.
 
   No es admisible que se utilicen las instituciones y el dinero público para fines partidistas, que sólo comparte una minoría de la población, pero puede entenderse que el BNG aproveche cualquier circunstancia para avanzar hacia ese objetivo separatista suyo. Lo que resulta inexplicable, sin embargo, es que el PSOE se haya dejado contagiar por el nacionalismo y haya terminado por convertirse en un subordinado del BNG en todos estos temas, incluída la imposición lingüística.
 
   Por último, hay que recordar que este Día de Galicia es la fiesta del apóstol Santiago, que es a su vez patrono de España[...] >>
 
Isto seghía, mais arrinquei follas de menos no xornal xDDD. Ben, hai moito de que falar, así que vou aló:
 
   O tema de inverti-los cartos dos galegos en carteis, ben, pode ter moitos puntos de vista. Pero hai que empezar por perguntarse algo: Como pode estar seguro este orador de que o BNG empregou os cartos da Xunta pra facer carteis? Non sei como o pode dicir con tanta seguridade, pero ben, o mellor ten razon, tanto ten roubar axudas da UE coma gastar os cartos en carteis de papel fino e unha pouca cor. O BNG e demais partidos nacionalistas veñen poñendo dende sempre carteis, e desembolsado os presupostos dos propios partidos. Eu preguntome. Un partido está no goberno porque recebeu votos dos cidadáns, non? Entón, tódalas súas accións son lexítimas, xa que o pobo foi o que escolleu "maioritariamente" a un candidato. Lamento dicirlle ao escritor deste texto que o PP non gañou as elecións, e por moito que lle pese, pra facer campañas antiestatutarias e anticatalanistas e demáis terá que gasta-los cartos do propio partido. Se estivese no goberno, xa sería a cousa diferente.
 
   Seica tamén comezaron agora a querer convencer á cidadanía de que Galiza é unha nación. Dende comezos do século pasado os nacionalistas estamos convencidos de que Galiza é unha nación. Non son teimas políticas de hai un ano. Son teimas ideolóxicas de hai séculos. Castelao presentou un estatuto en Madrid aprobado pola maioría dos galegos onde figuraba o artigo: Galiza é unha nación. Presentou un estatuto nunha república, sen ningunha intención de separarse dela. Mais agora convén esquecer todo iso, e dicir que acabamos de inventar o termo nación só pola vontade política. Pode ser que partidos coma o PSOE empreguen ese termo con fins netamente políticos. Pra min, é a mesma merda chamarlle a Galiza nacionalidade histórica como realidade nacional. Todas esas acepcións sí son inventos políticos. Nin unha cousa nin outra. A Galiza chámaselle polo seu nome. Unha nación. E os que din que Galiza non é unha nación, e aceptan o termo nacionalidade histórica, poderíanme explicar que significado ten ese xogo de palabras? Seguro que non, porque non o ten. Pero se imos máis aló, non só o PSOE e o BNG como di o utor deste texto xogan co termo nación. Agora o PP tamén quedou á altura dos outros dous, ao dicir que acepta a definición de realidade nacional se se acepta a proposta de financiación. Polo tanto, dedúcese que os únicos que xogan coa definición de Galiza, e empregan o termo nación e derivados con fins políticos son PP e PSOE, xa que o BNG (ou mellor ditos, nacionalistas) sempre reclamaron o mesmo, asi que, os votantes dos partidos nacionalistas xa saben de antemán cal é o fin destes grupos políticos.
 
   E pra rematar, lembrar (ou ensinar) que o 25 de Xullo, Día da Patria Galega, é unha antiga festa dos nosos devanceiros celtas, que rematou cristianizada. Así que, se os españois escolleron ao Apóstolo como o seu patrón, non é o noso problema que algúns se molesten porque os galegos celebren a pertenza á súa patria ese mesmo día. Galiza ceive.
 
 
Pídovos que escribades sobre este texto, anda que só sexan un par de liñas. Ghraciñas
2006/7/25

::: III República :::

Artículo 62   Corresponde al rey
 
  • Sancionar y promulgar las leyes
  • Convocar y disolver las cortes generales y convocar elecciones en los términos previstos en la Constitución
  • Convocar a referendum en los casos previstos en la Constitución
  • Proponer el candidato a presidente del gobierno y, en su caso, nombralo, así como poner fin a sus funciones en los términos previstos en ña Constitución
  • Nombrar y separar a los miembros del Gobierno, a propuesta de su Presidente
  • Expedir los decretos acordados en el Consejo de Ministros, conferirlos empleos civiles y militares y conceder honores y distinciones con arreglo de las leyes
  • Ser informado de los asuntos de Estado y presidir, a estos efectos, las sesiones del Consejo de Ministros, cuando lo estime oportuno, a petición del presidente del Gobierno
  • El mando supremo de las Fuerzas Armadas
  • Ejercer el derecho de gracia con arreglo a la ley. que no podrá autorizar indultos generales
  • El Alto Patronazgo de las Reales Academias

Artículo 63  Declarar la guerra y hacer la paz

 

 

 

Agora ben:

 

Non sería máis lóxico que estas funcións as exercera alguén escollido democráticamente polo pobo? ¿Porqué os nosos cartos, os cartos de todos, teñen que ir parar a unha familia que representa o pasado máis amargo da nosa historia, que non paran de parir fillos que se aprobeitan dos nosos cartos? Acaso o ReY fai algo máis que comer e beber a conta nosa, a cambio de viaxar polo mundo adiante pra repersentarnos ilexítimamente? Porque recordo que na liña sucesoria o que debía gobernar non é D.Juan Carlos, senón seu pai, pero claro, como é o ReY, ten que valer a collóns. Fai algo máis o ReY que ler comunicados en nadal e noutros actos que non escribe el mesmo? Seica as funcións arriba expresadas pola Constitución Española non as pode realizar un Presidente da República? O ReY é rei simplemente por nacer da - - - - da raíña. Un presidente de Repúbica é Presidente porque millóns de cidadáns o escolleron co seu voto. Qué é o mellor para todos nós?

2006/7/14

::: Oda al licor café :::

Oh como me gusta el licor café
como a las putas le gusta el "bisté"
después de beber dos botellas
decidimos ir a por ellas
y aunque nosotros estábamos calientes
esllas estaban reticentes...
solo engañamos a la italiana
pero era gorda, fea y marrana
el lupas estaba enamorao
pero ella le daba a la carne y al pescao
era más fácil saltarla que rodearla
por eso decidimos dejarla
así que fuimos al tarasca
a tomar la última perrasca
será el camarero maricón
vaya pedazo garrafón...
 
By Lupas
9-III-06
2006/7/2

De Galegos e casteláns...

SEÑOR XAN:  "val máis un rapás galego,
                         deses que foron criados
                        comendo cuncas de leite
                          con pan esfaragullado,
                        que cincuenta de Castela
                       anquen gasten de contado
                          alto zapato e camisa
                         co cabezal apranchado"
                                               (Escena XII)
 
              A COSTUREIRA D´ALDEA - Manuel Lugrís Freire
                                                            letras galegas 2006   
2006/6/25

::: Conxuro da queimada :::

 

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das neboadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas,
feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pé de coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada con home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernais cús,
muxido da mar embravescida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.

Con este fol
levantarei as chamas de este lume
que asemella ao do inferno,
fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas,
índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan
as que non poden deixar de queimarse na augardente,
quedando así purificadas.
E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa ialma
e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vos fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis
poder que a humana xente,
eiquí e agora, facede cos espritos dos amigos
que están fora, participen con nós
de esta queimada.

2006/6/24

Correo que circula por ahi.

INDIGNANTE!!!!

Ola a todos(é que en galego "hola" é sen "H")
No se si visteis el programa, pero fue bastante curioso.

Me llama mucho la segunda parte del mail que no se menciono en CQC.

A ver que os parece!
GALLEGO = TONTO ??
En el programa Caiga Quien Caiga existe una seccion denominada
"proteste ya" presentada por el reportero gallego "gonzo".

Generalmente atienden a quejas de los ciudadanos intentando que
salgan a la luz y gracias a la presion
mediática llevarlas a buen termino.
En el programa del viernes 16 la protesta afirmaba que en el
diccionario
de la lengua española de la Real Academia Española, bajo el termino

gallego,
una de las acepciones que aparece es "tonto" y tambien "tartamudo".

NO NOS LO PODIAMOS CREER!!!!

asi que vamos a mirar al diccionario y efectivamente
en el punto 4 aparece dicha acepción, lo volvemos a comprobar en la
pagina
de la real academia de la lengua http://www.rae.es/

por si nuestro diccionario no es una version actualizada,

y efectivamente ahi se puede leer:
Gallego, ga. (Del lat. Gallaecus)

1. adj. Natural de Galicia. U. t. c.s.
2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de
España.
3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene
de la
parte de Galicia. U. t. c. s.
4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en
España o de
ascendencia española.
U. t. c. s.
5. adj. C.Rica. tonto (? falto de entendimiento o razón).
6. adj. El Salv. tartamudo.
7. m. Lengua de los gallegos.
......

Por si fuera poco aparece resaltado a igual que en el diccionario
impreso en el cual aparece en negrita.

En dicho programa de CQC el presidente de la RAE no sólo huye
literalmente cuando el
reportero intenta hablar con él,

sino que otros personajes, por llamarlos de alguna manera,

dicen que es una acepcion que en Costa Rica se utiliza,
por lo que tiene que estar incluída en el diccionario.

Se le pregunta a la embajadora de Costa Rica en España

la cual afirma que eso no es cierto.

El reportero hace la comparativa con otras comunidades diciendo que
pasaría si utilizaramos los tópicos como
acepciones peyorativas como
sucede en el caso del termino gallego. (Madrileño = Chulo,
Catalán=Agarrado,
Vasco=Terrorista !!!???!!!)


Nos pica la curiosidad y consultamos catalán en el diccionario,
encontrándonos con lo siguiente:


Catalán,na
1. adj. Natural de Cataluña. U. t. c. s.
2. adj. Perteneciente o relativo a este antiguo principado, hoy
comunidad autónoma de España.
3. m. Lengua romance vernácula que se habla en Cataluña y en otros
dominios de la antigua Corona de Aragón.

Ahora nos indignamos mas, cuando comparamos ciertos puntos:

CATALÁN
2. adj. Perteneciente o relativo a este antiguo principado, hoy
comunidad autónoma de España.
GALLEGO
2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de

España.

O SEA QUE LOS CATALANES PERTENCEN A UN ANTIGUO PRINCIPADO, PERO DE
GALICIA, QUE FUE REINO NO SE DICE NADA DE NADA, POR QUÉ ESTA
DIFERENCIA?

CATALÁN
3. m. Lengua romance vernácula que se habla en Cataluña y en otros
dominios de la antigua Corona de Aragón.

7. m. Lengua de los gallegos.

EL CATALAN ES UNA LENGUA ROMANCE VERNACULA QUE SE HABLA EN CATALUÑA
Y EL
GALLEGO LA DE LOS GALLEGOS. EL QUE NO ES GALLEGO Y LA HABLA QUE ES
ENTONCES?? EL GALLEGO QUE HABLA CASTELLANO TAMBIEN ESTÁ HABLANDO
GALLEGO??

Que conste que no tenemos nada en contra de los catalanes, si no en
cómo
se trata a la identidad gallega en el DICCIONARIO DE LA REAL
ACADEMIA
ESPAÑOLA, podeis ir a la pagina de la rae y comprobarlo
vosotros
mismos.
2006/6/1

25 Xullo de 2006: En Galego

   Un grupo de galegos tomaron a iniciativa o outro día en Compostela de que o Día da Patria deste ano sexa o comezo dunha Galiza en galego. Propuxeron que dende ese mesmo día, os galegos que se unan á iniciativa se comprometan a empregar como único vehículo de comunicación o galego na súa vida diaria.

   A iniciativa é moi ambiciosa, xa que o que se comprometa deberá falar en galego ata coa xente coa que adoitaba fala-lo castelán.

   Eu xa me comprometín, asi que se a alguén lle falo en castelán, que non se estrañe se non llo volvo falar, estamos?
2006/4/30

Galicia, esa merda

Gallegos, vermes mutantes que habitades e vos mantedes deste país que é un morto que fede, unha prea que atufa. Galicia, esa rémora que odia o novo, os cambios, a vida que se envorcalla na rutina, na ignorancia, na desconfianza. Galicia, patria noxenta da mediocridade. Galicia, este terrotorio habitado por eses non-seres, sub-homes cunha leira na cabeza, eses seres mesquiños chamados gallegos. Raza furtiva e esquiva que estende a súa infame indifnidade por tódolos recunchos do planeta.

¿É a VIDA logo esta multitude de pantasmas ocupada en autodestruírse? ¿Non será a MORTE? ¿Non será a morte esas sombras semiexistentes penosamende dedicadas a que todo siga igual? ¿Non é a morte esas recuas de homínidos que periódica e ritualmente votan e escollen entre eles aos máis infames para que os destrúan? ¿Non é a morte a súa literatura, esa queixa monótona, gris e impotente, feita por catro pelmas para vinte plastas? ¿Non son a morte esa rapazada de pelo repeinado, agoniada por chegar a madrileños de terceira categoría? Non é a morte esa queixa continua e esa ausencia de acción? ¿Non é a morte ese cinismo impotente?

¿Pero é que logo NON SODES A MORTE? Son cativos eses afáns autodestructivos desta reserva lamentable de pantasmas (incendios forestais, destrucción das costas, do idioma...), sempre incertos, dubidosos e freados por un certo agarrarse á mediocre subsistencia pantasmal. NÓS DESEXAMOS A DESTRUCCIÓN E ENTERRO DESTE MORTO, o voso alimento. Somos partidarios da eutanasia e queremos unha morte digna para este indigno ser semivivo.

¡PROFANEMOS O PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES! ¡DERRUBEMOS A CASA-MUSEO DE ROSALÍA! ¡FAGAMOS CROQUETAS COA MOMIA DE CASTELAO! REMATEMOS CON GALICIA E O GALLEGO!

KAMIKAZES


2006/4/23

"Tanta hipocresía, tanta falsedad" (S.A.)

   O dirixente do partido de dereitas conservador español (PP) dixo hoxe que non se lle pode chamar "proceso de paz" ás actuais negociacións que se están a plantexar dende o governo español para solucionar o problema do terrorismo de ETA. Segundo Rajoy, non hay nengun conflito nen nengunha guerra para que se restableza a paz en Euskal Herria.

   En Irak tampouco se pode falar de restablece-la paz, se seguimos estas mesmas pautas de razoamento. Irak só ten algúns problemas sociais de doada solución, o que pasa é que o PP non está no governo, e por iso non se poden solucionar.

   Se é que en tódolos estados debía haber unha representación política protagonizada polo PP, para o bo, e para o malo. Qué é o bo?


 
第 1 张,共 5 张

Fernandez Adan

职业
地点
兴趣
Qué importa que nos maten, se deixamos semente de vencer.