Adan 的个人资料Novo espazo galego de va...照片日志列表更多 ![]() | 帮助 |
Novo espazo galego de variedadesDios non ve unha jaita 2006/9/16 ::: Os novos termos que están errados ::: A historia non perdoa. A historia que hoxe coñecemos a maioría dos cidadáns e a que ensinan nas escolas é sen dúbida a historia do gañador. E isto conleva a meirande parte das veces (por non dicir todas) ao cambio de nocións básicas sobre os conceptos que se debían manexar con naturalidade e no seu pleno significado, sen que intrusións imperialistas trocasen de significado a nosa base lingüística. Falo evidentemente das palabras que hoxe empregamos para falar de nós mesmos. Falo de palabras como nación, galego, nacionalidade ou nacionalismo. Estas palabras entre outras moitas, hoxe teñen un significado ben diferente do que tiñan hai 5 séculos. Inxusto que o imperialismo teña tanto poder de absorve-lo significado neto dunha língua para crear novos conceptos que o sirvan a el, e máis inxusto aínda é que os que reivindican que todo volte ser como antes sexan lapidados polos propios membros da súa sociedade, como se fosen eles os traidores. Nación e nacionalidade hoxe perderon todo o seu ser, todo o seu zume, tódolos seus ingredientes. Hoxe esas palabras non teñen valor algún para a sociedade. Convertéronse nun instrumento básico da política dos tempos de hoxe. É máis importante que nos chamen nación por non ficar detrás doutras "comunidades" que que nos chamen nación polo que realmente somos. Nacionalidade histórica? Ninguén, e ninguén é ningunha persoa, puido explicarme aínda o que significa ese termo. Non hai semántica que cadre con esa definición. Un invento máis para evadir a denominación que realmente nos merecemos, e que implicaría a independenza da nosa Terra ou ben a República Federal, que permita a autodeterminación dos pobos oprimidos. Galego? Qué significa ser hoxe galego? Hoxe ser galego non significa nada. Hoxe o concepto de galego está amasado pola historia recente da España máis amarga. Eu non quero ser castelán. Quero ser un galego español, como dixo Castelao. E máis ben, quero ser galego. Non quero que me identifiquen cos touros, non quero que me identifiquen coas sevillanas, non quero que a xente pense que falo castelán. Quero que a xente saiba que en Galiza hai un idioma, o galego, máis antigo que o castelán e que está a sufrir a degradación do seu ser por mor do imperialismo e do autoodio máis inútil. Eu son parte da caste de milleiros de galegos que fixeron historia, e non do resto do españois. Galiza non tivo apenas relacións co resto de España como outros territorios as tiveron. Sempre estivo illada, allea ao que pasaba fóra dela. O galego preocúpase por Galiza, non por España. Nacionalismo. Qué é iso? Non teño nin a máis mínima idea do que quere dicir esa palabra creada polo imperialismo. Sí, polo imperialismo. Naceu como consecuencia da opresión. Hoxe, ser nacionalista, é sentir coma un irmandiño que se ergue en contra de castela. Hoxe, ser nacionalista é sentir esa xenreira contra os que oprimen Galiza. O nacionalismo de hoxe é o sentir dos galegos de antes. Hoxe, un nacionalista é un galego de hai 5 séculos, un galego que non está contaminado polas palabras de castela, por esa educación no autoodio basado sempre en mentiras, íntegras, que foron creadas polos cobardes españois para tentar exterminar Galiza, o sentir de tódolos galegos, o sentir de séculos de loita por unha Terra libre, por unha Terra de paz. Por unha Terra única. Por unha Terra GALIZA CEIVE. Saúde e Terra 2006/9/9 ::: Novos patinazos intelectuais e recompilación dos clásicos populares :::Ti imaginate que chamas ó 112 decindolle que hai un incendio e che preguntan: donde? E ti dislle en mi estómago cabrón; llama la avioneta para que me apague este ardor
(Carballo mentres ardía todo)
Tecnodans, tenemos que poner tecnodans, a la juventud de ahora le gusta el tecnodans, tecnodans
(Lilho mentres O'Chiringo estaba baleiro)
O caso é foder
(Un pervertido mentres a xente falaba de temas serios nun cursiño de enfermaría)
Chaly88: Ti carallo, es listo e estas facendo unha carreira de tontos Eu: Si, e ti es tonto e tas facendo unha carreira de listos
Este botón serve para que o aire circule dentro do coche sen coller aire de fora, e polo por exemplo cando pasas polo lado dunha cuchiquera.
(O meu monitor de coche o primeiro día. Ollo ó palabro)
Hoxe Adan esta sembrao
(Meu irmán logo de ver que tiña un día gracioso)
Ti es de enfermería!!!!!!!!!!!!!
(Eu a unha rapaza que non me coñecía de nada, só eu de vela por clase. A situación era a praza roxa de Santiago chea de xente e eu a berrar)
Seica che sobran dentes na boca???
(Meu irmán a un can...)
Disfruta del día hasta que un imbécil te lo arruíne
(Frase do día de Corujo)
Disfruta del día hasta que Corujo llame a la puerta de tu piso
(Ampliación de Adán sobre a frase do día de Corujo)
Cando estaba eu en estambul cuns tetraplejicos que corrian os 100m lisos escapousenos a pelota coa que estábamos na auga xogando ó balonmán.
(Historias interminábeis de Corujo)
Cando pasou un maricón en minimoto polo medio do monte pra irse de cuncas con Marcelo
(Historias interminábeis de Corujo Vol. Chú)
Sabe a galletas con sal, pero sen galletas (Lucía falando dos nabos)
Adán, deshcolocouseme unha lentilla e eshtou tan boracho que non a dou colocado, e agora se pecho un ollo estou boracho, se pecho o outro, sereno, ...boracho, sereno, boracho, sereno hahahahaha
(Luis todo cheo en Apolo, no medio da entrada, copa na man, e o dedo da outra man metido no ollo)
Cheirame a man! Ti cheirame a man!
(Rubén logo dunha experiencia traumática con 90 kilos de peixe)
-Se abre el telon y aparece un perro colocando ladrillos. Se cierra el telon. De que quedo ayer el sevilla? De CANPEON
(Lilho un día peneque ás 15:30 da tarde)
Ey, podemos invitar a Marcelo a una taza de cunca...
(Koki falando dos puntos febles do noso mellor profesor)
Mira una china corriendo!
(Koki diante da catedral, precisando atributos desa especie animal tan rara que nos invade)
El viernes salí en Pontevedra y le enseñé a 2 pavas asturianas a hablar gallego: A ver, repetid conmigo: I love cuntis me cajo en dios!!!
(Fafa contando as súas dotes de mestre)
-Ser friki está bien, pero también hay que darle a las almendras (Hechee)
Aiiii... fue bueno
(Koki coa paranoia un día de festa)
Koki: -A ver, si se dice baraja, es normal que sea barajar Luis: -Eh! Tamen se di coche e tampouco por iso se di cochear!
(Teorías meid in luis)
Koki: -Voy al baño a mear, y a algo mas... Eu: -Te acompaño
(Situación crítica nos nosos estómagos)
Todos xuntos: -Luis, onte poteaches por toda a casa Luis: -Eh! Non era pota, é que estaba babado (Luis) (Día despois dunha borracheira de 30 min: En 30 min beber, potear e durmir. Récord Ghinés)
Luis: -Pero eu non son coma Carballo que é un porretas borracho Rubén: -Dillo á cara!! (horas mais tarde) Luis: -Carballo! Es un porretas borracho Carballo: -E ti es un borracho baboso
(Día de tomadas de pelo... e non vai por Carballo xD)
Para dar unha volta calquera bicicleta é boa.
(Descrición de Pacheco alias Parrecho dunha moza que frecuentou o meu piso)
Os huele el aliento a petricola
(Lilho ó día seguinte a unha borracheira)
Ayer sólo habia un negro en el wallaba, el resto era gente normal
(Koki, coa súa sensibilidade pola raza humana) -.... Eu: -Si, pero etoo cobra mais mais ca ti Carballo: -Pero el é negro Eu: -Pero cobra n moito mais cati! Carballo: -Pero sigue sendo negro! (Discusión sobre o soldo dos africanos)
Eu ós negros e ós maricóns non os quero ver diante, mellor dito, os maricóns sempre diante, non vaia ser que por detrás...
(Carballo dando consellos sobre as precaucións que hai que tomar neste mundo tan hostil)
Cómeme el miembro!!! zorra!!!
(100% natural, ese é Carballo)
Tengo los cartuchos llenos de amor!!!
(Charlie un sábado buscando a MaríaChan)
Ten máis callos na cona que un ferreiro nas mans
(Xavier facendo unha descrición ¿fidedigna ou fideligna? dunha muller)
Dios...... tengo un hambre atroz, así que como galletitas
(Iria, a fame é negra) Situación do Galego en 1991
Tirado de www.galego.org 2006/9/5 "Nós precisamos saber galego""Nós precisamos saber galego" ¿Fai falla saber galego para apagar un lume? Esa polémica é unha parvada incrible. Calquera empregado da Administración ten que saber galego, por lei. Pero é que, ademais, se alguén precisa saber galego somos nós, que andamos todo o día por vilas pequenas nas que non se escoita unha palabra en castelán. Fai falla para entenderse cos da vila e coas cuadrillas, e mesmo para a nosa radio interna, onde todo o mundo fala en galego. Para sacar a oposición, o único que hai que facer é dar un cursiño duns meses que pode aprobar calquera, e xa está. Aquí, en Galicia, hai moitos enxeñeiros forestais que son de Madrid, en Santiago, mesmo hai un marroquí, e se el non tivo problema co galego, non sei quen o pode ter. ::: O exitazo ::: O tema que máis se ouvirá este ano!!! XDDDlicor do negro café licor do negro café acompáñame a unha festa 2006/9/4 ::: Somos unha merda ::: Está visto que ningún político é quen de tomarnos en serio. Ninguén do goberno central ou autonómico colle o fouciño e comeza a retira-lo lixo que hai en Galiza dende hai anos, décadas e mesmo séculos. Aos galegos utilízannos como pailáns para xerar riquezas que non fican en Galiza. O noso medio está a morrer, e non somos quen de berrar alto e forte que somos galegos e que ninguén vai seguir a chucha-lo sangue da nosa Terra. Petroleiros, eucaliptos, lumes, térmicas, encoros, papeleiras, químicas, canteiras... poderíase continuar a enumera-los asasinos do noso entorno. aínda que máis ben, esas son as armas coas que os verdadeiros verdugos asasinan día a día. Calquera empresario español sabe que Galiza é o lugar ideal onde pode obter beneficios a baixo custo e sen que a lei lle poña barreiras no camiño. E nós estámolo a permitir. Nós non facemos nada para darlle un futuro mellor ás vindeiras xeracións. Xa é hora de que paremos esta masacre. O mar, os montes e os ríos sufriron estes últimos anos traxedias de consecuencias irremediábeis a longo prazo, e non hai responsábeis a quen se lle poidan pedir explicacións. Temos nas nosas mans o poder de comezar a endurecer as leis e aplicalas logo duramente no plano xurídico. Non podemos deixar pasar un só mes para pasar á acción. O noso ben natural é o motor da nosa economía. O noso ben natural pode ser explotado de xeito sostíbel e obter del un beneficio descomunal. Só hai que comezar a pensar en nós mesmos, e decatarnos de que vivimos nunha terra chea de recursos. Non os estraguemos e aprobeitémolos para mellorar a nosa economía e o noso nivel de vida. Saúde e Terra 2006/9/1 19 Aniversario!!! Porque la vida puede ser maravilloda Salinas!!! Un ano máis e xa estarei na 2ª década da miña vida. Algo importante que celebrar, xa que na 1ª non sabía o que era unha década xDDD. Ala bonitos, deixades os vosos parabéns aqui. Podedes mandar algún agasallo a: Avd de Pontevedra Nº23 2ºC A Estrada Pontevedra Galiza C.P.36680. Agradezo a vosa xenerosidade por adiantado. xDDDDD 2006/8/30 ::: Os pinos ::: Himno Galego :::¿Que
din os rumorosos Teus fillos vagorosos Á nobre Lusitania Amor da terra verde Que á nobre prole ensinen Estima non se alcanza Galegos, sede fortes; Este é o noso himno. Un poema non se corta pola metade. Pondal quería dicir máis que dúas estrofas. GALIZA CEIVE!!!
2006/8/27 TelegaitaTelegaita
A TVG ou Telegaita é unha compañía de televisión de gran prestixio e con programas de indubidábel calidade. A
súa fundación foi aló polo ano 1670 a.C., alguns séculos antes da
aparición dos televisores. Mentres tanto, adicábanse a prepará-los
guións que conformarían as 235 tempadas de Pratos Combinados. É unha canle que se pode sintonizar en Galiza, España, Portugal, Arxentina e Tuvalu Ulterior. - O Show dos Tonechos: Trátase dun programa cultural que reflexa a sociedade galega dende una perspectiva intelectual. Os
seus presentadores son Tonecho e Tucho, dous expertos da socioloxía
galega. De cando en vez alguén remata cunha tarta na cara. - Supermartes: Foi un programa innovador onde os haxa. Antes de que existise Boris, na Telegaita xa tiñamos un presentador con máis pluma que a Galiña Caponata, o inefable SuperPiñeiro un mutante un pouco máis alto que Torrebruno e que tamén amenizaba as tardes aos galegos dende a Radio Galega. A pesar do seu nome non sempre se emitíu os martes. Récord absoluto de tempadas en antena das canles de Televisión en España. Comezou a emitirse fai dous séculos e tiveron que vir os sociatas pra cancelá-la súa emisión. - En Xogo: é o clásico deportivo por excelencia. O seu parcialismo é obxeto de estudo na Universidade de Harvard. En Coruña cren que apoia aos de Vigo, en Vigo cren que apoia aos de Coruña e o certo é que son máis merengues que Deus. Cabe dicir que o comentarista dos partidos do Celta foi violado de pequeno por un cachalote e por iso fala cun ton de voz moi extrano. - Zapping Comando: Programa orixinal onde os haxa, onde tódolos actores secundarios das series da TVG fan parodias doutras cadeas, inclusive a súa, inda que pareza que o teñas visto nalgún programa (ex: Homo Zapping) son totalmente innovadores polo que cualquera comparación sería unha burda imitacion. - O Doutor Who (ler O Doutor Ju): serie mítica dos comezos da Telegaita na que un fulano británico de rizos (pode que un parente de Bisbal), con abrigo e bufanda se adicaba ás viaxes entre dimensións utilizando unha cabina de teléfonos. Nesas dimensións atopábase a monstrosos mutantes con cabezas de spaghetti que cuspían blandiblú por tódolos seus poros. - Perdelo Todo: Programa novo pertencente á "limpeza" que está a facé-lo PSOE en Galiza pra borrar todo o que cheiraba a gañán.
Neste programa, sabendo que só van a concursos da TVG rapaces de entre
19 e 28 anos ou de entre 50 e 75 años, todos pertencentes a zonas - Cifras e Letras: Programa
aparecido coa chegada ó poder da coalición de nacionalistas e
socialistas (nacionalsocialistas, ergo, nazis) no que o 99,9% dos
participantes son estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. O outro 0,1 son xubilados. Este concurso serve para meter sutilmente as novas palabras do galego normativizado grazas a dous "mestres": unha con apariencia de fráxil señorita na que se agocha unha verdadeira ninfómana e un señor un pouco modosiño que intenta por tódolos seus medios cepillarse á súa compañeira, algo que nunca Outros datos No logo da TVG, podemos apreciá-la presenza do PP... Na cor azul e a silueta da gaivota... ¿non? - "Bueno, non empecemos a chuparnos as pirolas": Harvey Keitel aos matóns de Pulp Fiction. - "A rañala, raparigo": O mítico "Sayonara Baby" de Terminator, versión "Jalisia profunda". - "Para vencer a Austin Powers témoslle que lle roubar o seu...mollo": O Doutor Maligno, xunto có seu Minieu, para roubarle o "mojo" a Austin Powers. - "¿Gustaríache comerme a perrecha?": Juliette Lewis a Tarantino nunha inolvidábel escea de Aberto até o amencer, en coxunto, unha das mellores adaptacións de guión ó galego de tódolos tempos. - "És un pimpín Son Goku": O super guerreiro Vexeta ao seu super enemigo Son Goku. - Dí a lenda urbana que en Pulp Fiction existe a frase "Coidado con - "Me cagho na cona que te pariu Ghayoso, hai xente que ten que traballar mañá, carallo" Paisano tras recibir unha chamada do Gayoso de Luar ás 12 da noite. - "Detesto a miña pixa" Un paciente da serie Nip/tuck (traducida intelixentemente ó galego como Quita e Pon) quéixase do tamaño do seu pene. - Os comentaristas dos partidos de fútbol da TVG son unha fonte inagotábel de grandes frases: "Vaia ano o de Baiano". - Parabéns: díse da felicitación polas razóns que sea. - Sobranceiros: díse dos antepasados de alguén. - Alacante: díse da cidade da Comunidade Valenciana. - Cecais: din os comentaristas deportivos no canto de quizáis. - Grazas: expresión de agradecemento en Xunteiro (lingua oficial da Xunta e a TVG), de recente creación; en portugués dise "obrigado", e en galego, castrapo, castelán, chapurrado, curuñés e vighés dise "gracias". - Calquera nome estranxeiro, como "Kloifer" (Kluivert), "Kokí" (Cocu- leer "co cú"), "Flavio Conseisón" (Flavio Conseição), "Luisón" (Luizão), "Cuman/Coeman/Coiman" (Koeman), "Seidorf/Sedorf/Seadorf/Sidorf" (Seedorf) , "Fan Jal"(Van Gaal) ou "Fran de Bur"(Frank de Boer). 2006/8/21 GALIZA CONTRA O LUME. Manifesto de ADEGA
O VALOR DO MONTE: OS IMPACTOS DO LUME: AS CAUSAS DO LUME: OS INCENDIOS DESTE ANO: Santiago, a 20 de Agosto do 2006. ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA www.adega.info 2006/8/16 O PP freará os disparates no estatuto.Manuel Fraga, fundador do PP, ex presidente da Xunta e senador (e exministro dunha ditadura), asegurou que a súa formación política "freará calquera disparate"(con outro maior) no proceso de reforma do Estatuto galego, xa que é maioritaria en Galicia. En declaracións a Efe apuntou que os galegos, "grazas a Deus, fomos sempre xente de sentido común, sentímonos tan galegos coma españois e tan españois coma galegos (o que non sabe fraga e que a última enquisa que se fixo deste tipo, a opción máis escollida e: Máis galego que español)... e iso o PP vaino defender ata o final", manifestou. No proceso de reforma estatutaria, o seu sucesor á fronte do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, "está a traballar ben (ben jodido, non deixando avanza-lo proceso)", e agregou que en Galicia "temos a posibilidade de frear calquera disparate" e "faremos uso diso se é necesario (como bos ditadores autoritarios que somos)", tras o que lembrou que os populares son os máis votados en Galicia (pero non gobernan). Sobre a petición a Núñez Feijóo dos grupos que forman parte do Goberno galego –PSdeG e BNG– para que se desmarque da dirección nacional, Fraga cre que están "perdendo o tempo e facendo o ridículo (ti si que fas o ridículo, maricón)", e emprazounos a que fagan o que predican cos seus propios partidos.
"O partido en Galicia cambiou para ben"(para ben foder), asegura Fraga considerou que o seu partido en Galicia, desde o congreso da súa sucesión, "cambiou para ben, porque cambiou de xeración e logrou unha profunda continuidade". Os "electos" son "xente de primeira" e "teñen a idade adecuada e están á altura do que hai que facer neste momento", engadiu.(son vellos que levan toda a vida sufrindo politica caciquil e que agora non queren progresar como deus manda cun cambio de goberno) Sobre a decisión do seu partido de que Francisco Cacharro non repita como candidato á Deputación de Lugo, manifestou que levaba moitos anos no cargo e "ultimamente perdéronse alcaldías que eran nosas de sempre, como Viveiro ou Ribadeo, e parece que era conveniente unha renovación".(o que rea conveniente era eliminar as deputacións) En todo caso, indicou que Cacharro "é e seguirá sendo, se el quere, o máis antigo dos senadores", cargo que corresponde a quen "somos veteranos" (xa podedes ir podrecendo). Respecto a José Cuíña, que durante anos se considerou o seu delfín e renunciou a presentarse a sucedelo no congreso ó non obter apoios suficientes, Manuel Fraga manifestou que tivo "as súas oportunidades" e "pode ter outras", ó tempo que lembrou que no seu último libro de memorias destacou o seu "gran labor" en Política Territorial.(Politica territorial, manda carallo. E fraga ten memorias?) - - - - - - - - - - - - - - - - - - Pra ler este artigo tirado de www.galicia-hoxe.com tendes que fixarvos que as parénteses son feitas na casa. E agora ven o momento das críticas, así que queredes animar a Fraga a metelo pé no ataude adiante. 2006/8/14 Bo artigo da presidente de ADEGADiante deste drama , e deste desastre ecoloxico, compre duas reflexions: 1)A quen beneficia o lume. 2) que se fixo mal que deba ser corrixido para evitar ou, cando menos dificultar esta hecatombe. Para as duas cuestions, ocorreseme reflectir que todos pecamos de inxenuos. A capacidade de incendiar é muito maior da que se tiña previsto. A capacidade de prever era muito menor da que se esperaba. Por iso é que digo inxenuos . Non se contou con que muitos concellos non ian colaborar. Non se contou coa inmensa capacidade incendiaria dos bosques sen limpar , en encostas ou de especies ignífugas. Non se contou coa existencia de métodos de prender lume muito mais eficaces e sofisticados dos habituaiais. Non se contou con que habia sectores da populación interesados en que non pasase este veran sen arder. Non se contou tampouco con unha climatoloxia favorable aos incendios, que, por outra parte, sempre existiu.Mas nunca tiña acontecido esta explosión repentina e simultánea incendiaria. Para alen diso arden tanto as especies pirófitas como as frondosas. O dano en saude tanto ecoloxica como humana é enorme. As persoas estan a respirar un ar contaminado, con dano para as suas vias respiratorias, e os solos fican empobrecidos a todos os niveis. Os restos de materia carbonizada acaba por cair nos rios e rias, danando a vida que se cria nelas. Nesoutro dia falei con unha mariscadora de Vilaxoan. Diciame: Atacannos por terra agora antes foi polo mar , só fica o ar, mas polo que sabemos nen iso queda. Mas tamén dicia: Se escrebes ou falas nalgún medio di que as galegas e galegos vamos sair para adiante , ainda que algúns non o queiran. Porque lle votamos valor. Non se trata de eximir de responsabilidades ao governo. Tampouco de criticar gratuitamente, pois como ben se sabe o falar non ten cancelas. Agora trátase de trabar a ola de incendios, e de coidar que non se reproduzan ou extendan. Recoñezo o empeño por lle poñer remedio a esta situación e a transparencia informativa, coa comparecencia diaria dos responsables do governo. Non se negou a evidencia da gravedade, como os vellos políticos nos tiñan acostumados. Pediuse a interveción das forzas civis e militares, non como no caso do Prestige, que se lles tivo parados un tempo precioso. As formas son de todo diferentes, e iso e de recoñecer. Mas a eficacia da prevención non foi tal. Isto non debia ter sucedido.Posiblemente non se valoraron os resortes que funcionan no medio rural.Nen a capacidade incendiaria deste terrorismo ecolóxico.Como se fixera no caso do Prestige debemos reclamar a opinión e colaboración dos expertos, tanto en temas forestais, como en socioloxia, e das xentes que viven do monte e do agro . Agora a poblacion civil volta a movilizarse. É un caso de urxencia , como o do Prestige. E farémolo como o fixemos antes. Nunca Máis , que representa a esta poboación civil, que integra tanto a colectivos como individualidades, convoca a unha manifestación en Compostela, tamen asediada polas chamas, para o domingo 20 de agosto. Ali estaremos para proclamar que hai xente que lle quere a este pais de Galiza, e que vai seguir loitando pola sua dignidade e para que a xente que decida traballar e vivir aqui o poida facer con base as riquezas naturais que temos e a nosa capacidade criativa. Mantendoas e incrementandoas de maneira perdurable. Ali estaremos para mostrar a nosa soliedariedade coas xentes que levan dias e dias traballando arreo para salvar o que se poida do lume. Tamen para mostrar a nosa disposición a colaborar nas tarefas que se coordenen, tanto desde a administración como desde os colectivos como ADEGA para traballar no voluntariado. Adela Figueroa Panisse 2006/8/8 ::: Lume ::: Galiza arde. Esta todo queimado. Parece que non se pode facer nada. Onde están as solucións? Ningún político as deu. O único que deron foron acusacións, uns aos outros. Mentres os montes arden un tralo outro, os políticos tíranse fotos botando auga nun anaco de terra fumeante, e outros nin sequera aparecen.
Galiza é a comunidade de maior masa forestal, e isto é algo do que nos temos que gabar. Mais o bo custa conservalo. Convén invertir presupostos en limpar montes e en contratar brigadas antincendios en épocas de alto risco. E se fai falla, crear unha lei que obrigue aos propietarios a te-las súas fincas en correcto estado, sen maleza e ben limpas. Non temos medios pra apaga-los lumes que acende esa especie infrahumana. Agora, despois de estar todo queimado, moitos agardan que se colla aos criminais. Aínda que todos sabemos que iso non pasará. Deterán ao 5% dos presuntos autores. E sendo sinceros, sería un consolo que detiveran a todolos autores? Pra min, non. Logo de ver como ardía a miña provincia, o meu pais, e ver como quedou todo, nin a cadea pra eses delincuentes me seria dabondo. Recuperar o que se perde ano tras ano é imposíbel. Repara-lo perdido custa moito traballo e cartos, esforzos e tempo.
Galiza merece unha boa recuperación. Onde antes había vexetación teremos que prantar vexetación. Onde agora só existen as cinsas, mañá terá que haber carballos e castiñeiros. E non nos enganemos. Non debe deixar ninguén que nos lugares deforestados entren os intereses madeireiros, que basan a súa economía no eucalipto. O eucalipto é o inimigo principal dos ecosistemas de Galiza. Por iso só se deben repoboar os montes con especies autóctonas. Cando esta masacre remate, haberá que examinar todo o ocorrido e busca-los erros cometidos e os puntos febles pra que o ano que ven poidamos gañar dunha vez a batalla do lume na Nosa Terra.
Galegos, esta masacre non ten partido político. Calquera goberno estaría en cueiros diante deste verán tan caluroso e destes incendiarios ignorantes. Os partidos políticos deben unirse pra afronta-lo problema, pra buscar solucións que nos saquen a flote deste asulagamento de lume onde nos mergullaron eses porcos (Pobres cochos). Pra todolos autores destes fermosos espectáculos de luz e cores: Sode-los meirandes fillos de puta que poden existir neste país.
2006/8/6 ::: A semente da nacion :::Logo da queda da dictadura de M. Primo de Rivera (1923-1929) e a Dictabranda, é proclamada o 14 de abril do 1931 a II República. Nacida dun pobo resentido coa dictadura e a monarquía e que agardaba liberarse dun sistema político falto de atención e consideración para con el, agroma a República: a oportunidade para que Galiza, Euskal-Herria e Catalunya puideran ver recoñecido o seu respeitivo feito nacional e avanzar no seu ben-estar. Nesta orde de cousas o panorama político no noso país experimenta o nacimento, en decembro de 1931, e no marco da ‘VII Asambreia Nazonalista’, do Partido Galeguista (PG); da man da xuntanza dun conxunto de organizacións políticas de corte nacionalista. Pedro Basanta e Alexandre Bóveda eran o presidente e secretario xeral, respeitivamente, da nova organización. Entre as iniciativas que desde os seus inícios terá na sua axenda o PG, destacaba como a máis importante a aprobación para Galiza dun Estatuto de Autonomía que garantira os direitos nacionais do país no marco dun Estado español federal.
Así foi que non se perdeu tempo por parte do nacionalismo e traballou-se arreo nas devanditas tres nacións sen Estado para a consecución de cadanseu Estatuto. No noso país a campaña pro-Estatuto artellariase inicialmente por parte, dunha banda, dos rexionalistas da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) de Casares Quiroga e doutra, ao pouco, dos nacionalistas, inicialmente nucleados arredor das Irmandades da Fala e, despois, do PG. Á altura do 4 de xuño do 1931 desenvólvese na Coruña a xuntanza que, sob iniciativa da Federación Republicana Gallega FRG-ORGA, dá cabida a rexionalistas e nacionalistas e pretende dar como resultado un anteproxecto de texto estatutário base para encetar discusións sobre o marco estatutario. Unhas discusións que na propia asemblea se suscitan a partir da confrontación que se estabelece entre tres proxectos previos de Estatuto, a saber: Bases para un proyecto de Estatuto Gallego, Proyecto de Bases e o Antreproyeito de Estatuto da Galiza. O primeiro texto era da autoría do Secretariado de Galicia en Madrid, o segundo do Instituto de Estudios Gallegos coruñés e o último do Seminario de Estudos Galegos (SEG). O debate dá como resultado uns acordos mínimos, mais o feito de que só se dera cita na asemblea militancia da ORGA e do nacionalismo deslexitima, por minoritaria asistencia, a proposta a facer e salda en fracaso a asemblea. Aínda así, o certo é que o debate servíu para que a cuestión estatutaria tomara dimensión social e organizacións políticas, entidades e persoas que non estiveron na mesma se pronunciaran arredor da temática en custión. O cerne da proposta pro-estatuto era a expresada pola "seizón de cenzas sociaes, políticas i-económicas" do SEG no ‘Anteproyeito de Estatuto da Galiza’. Un proxecto realizado non para xustificar feitos, como a personalidade nacional do país, nen lembrar que a nosa nación foi "... próspera i-europea antes de realizada a inxusta uniformidade nazonal que padecemos, senón saber si (ainda ca vagaxe grandemente gravosa que temos d-herdar d-unhos cantos séculos de centralismo) o réximen de autonomía integral que propoñemos nos convén, ou non...". Este anteproxecto constaba de sete títulos sendo o primeiro o intitulado "Do Estado, territorio e cibdadáns da Galiza" que encetaba cun artigo primeiro no que se podia ler "A Galiza é un Estado libre drento da República Federal Española". Desde este intre podemos aseverar que Bóveda estará presente, sendo peza fundamental, en todo o deseño e desenvolvimento do proceso de elaboración e final redacción do Estatuto de Autonomía da Galiza. Despois desta asemblea desenvólvese, á altura do outono do 1931, outro intento fallido de elaborar un Estatuto que fora consensuado pola totalidade das partes implicadas. Da man dos deputados galegos na cámara baixa do Estado, da denominada minoría galega, o sector republicano e galeguista destes, representado por Antón Vilar Ponte, Ramón Suárez Picallo, Lois Peña Novo, Emilio González López, Ramón Otero Pedrayo e Daniel Castelao, promove en xullo un novo texto a partir dunha xuntanza que se desenvolve na Coruña. Logo desta reunión, na que non se chega a acordo sobre texto algún, decídese desenvolver outra xunta en Madrid que será seguida doutra, tamén desenvolvida na villa y corte, o 15 de outubro. Desta última reunión é froito un texto no que a grande parte das propostas dos galeguistas, en minoría, desbótanse. Este resultado derivaba do intento de integrar no proceso de redacción do Estatuto galego, para que este cobrara lexitimidade, aos deputados de ideario conservador eleitos polas circunscricións galegas. Os galeguistas, mália o resultada, teiman na súa proposta. A partir deste intre iníciase unha paréntese até a primavera do 1932. Baixo iniciativa de Alexandre Bóveda e Enrique Rajoy Leloup, edil do concello compostelán, o 19 de abril Raimundo López Pol, alcalde de Compostela, entende necesario reactivar o proceso estatutario. Nesta orde de cousas a cámara municipal compostelá aproba días despois a convocatoria dunha xuntanza, na propia cidade, de todos os concellos do país para debatiren arredor do que tería de ser o texto definitivo do Estatuto de Autonomía. A resposta da maioría dos concellos á devandita convocatoría será positiva, adheríndose ao proceso. Convócase unha xuntanza preparatorio e ábrese un prazo para a confección dun texto base que será o discutido posteriormente na que coñeceremos como ‘A Asemblea de Concellos de Galiza’. Finalmente márcase data para a asemblea a través da convocatoria asinada, con data 1 de novembro, polos alcaldes de Compostela, Ferrol, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Betanzos, Mondoñedo, Noia, Tui, O Carballiño e Lalín. A Asemblea de Concellos Pro-Estatuto O 10 e 11 de decembro de 1932 desenvolviase en Compostela a II Asemblea do PG. A organización que aporta aos activos pro-Estatuto máis dinámicos trata nesta asemblea varias custións, mais fai da cuestión estatutário o asunto que máis tempo ocupou nos debates. Nas conclusións programáticas recollidas polo PG nun caderniño pódese ler "... o Estatuto é a meirande preocupación d-estas horas críticas...". Certamente, non hai dúbida da importancia que tivo para o PG o Estatuto e os esforzos que invertíu, baixo a dirección de Bóveda, na súa realización. O sábado 17 de decembro de 1932 encetaba ás doce e media da mañá no Salón de Actos da Facultade de Medicina compostelá a sesión inaugural da Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto. Ao longo de tres días debateriase –retransmitindo para América- arredor do texto estatutario. Xaime Quintanilla, alcalde de Ferrol, nomeado presidente da Asemblea non faría o próprio por baixa médica e sería sustituido polo alcalde pontevedrés Bibiano Fernández Osorio Tafall, que se encargaría da apertura do acto. A seguinte nota xornalística presenta as primeiras horas do 17 de decembro en Compostela: "Desde las primeras horas de la mañana se advirtió una desusada animación en toda la ciudad. Casi todas las casas lucían colgaduras respondiendo a la invitación que hizo el señor Alcalde en su circular de ayer. A diez de la mañana recorrió las calles la Banda de Beneficencia ejecutando algunas de sus más escogidas partituras . Casi en todas las calles había rotuletas dando la bienvenida a los asambleístas y exaltando el amor a Galicia". En xeral foi unha asemblea de grande debate, en canto temática e duración na que Galiza, representada a través dos seus concellos -227 representados dun total de 319- se xogaba o seu Estatuto. Só duas cuestións levantaron o ton dos asembleistas: a cooficialidade do galego e o español e a capitalidade da Autonomía. A intervención de Alexandre Bóveda en favor do galego e fronte Montero Díaz, fixo que a inmensa maioría dos presentes apostaran pola necesidade da equiparación do galego e o español. Non en ván tense escrito que naquela asemblea "... discutiuse, artigo por artigo, a Ponencia formulada pola Comisión de téinicos, producíndose debates acalorados e de grande outura, nos que se puxo de manifesto a voutade férrea e o talento luminoso de Bóveda, herói daquelas xornadas". A temática referida á capitalidade adiariase para outra xuntanza; o importante era que os concellos lle deran luz verde ao Estatuto para o plebiscitar. Así foi. 209 concellos, dos 227, deron o seu voto afirmativo ao texto. Logo da asemblea editoriais de xornais, volantinas e cartaces, entre outros meios, foron utilizados para expresar o éxito que supuxo o resultado da xuntanza e transmitir ao conxunto da nación o feito histórico que representaba a aprobación do articulado estatutario. Podíase ler nun periódico do momento: "Ya tenemos Estatuto. Ya Galicia dió su primer paso para su liberación del yugo centralista y se dispone a plebiscitar su Estatuto". 28-X, o plebiscito O camiño cara a aprobación do Estatuto estaba, en parte, andado, só restaba, como nesta nota xornalística se resaltaba, plebiscitalo. O triunfo da dereita máis reaccionaria e españolista nas eleicións estatais de novembro do 1933 fixo que o proceso estatutario ficara conxelado. Haberá que agardar ao triunfo nas eleicións de febreiro do 1936 da coalición de esquerda Fronte Popular, na que estaba integrado o PG. Coa vitoria desta fronte eleitoral, e mercé ao acordo que o PG consegue dos seus socios, desconxélase o proceso. Así márcase data para o plebiscito: 28 de xuño. A campaña que os socios da Fronte Popular, tendo á cabeza ao PG neste asunto, realizan a prol do Estatuto será intensa, achegando a necesidade da aprobación do texto estatutario a todo recuncho do país. Mítins, intervencións radiadas –incluso a América-, concentracións, coladas de cartaces, de verdadeiras obras de arte dos nosos mellores artistas –Castelao, Maside, Díaz Baliño, Vidarte, Zeus, Díaz Pardo, etc, son boa proba da campaña. O 28 de xuño era o Día, con maiúscula. Esa axitación calculada que se vivía na Galiza deu como resultado, segundo o escrutinio oficial, que, dun censo de 1.343.135 votantes, se pronunciaran favorabelmente ao Estatuto 993.351 galegos e galegas. Fronte a estes ficaba unha insignificante minoría de 6.161 sufraxios. Xa que logo superáranse as dúas terceiras partes necesarias para que fose vinculante a postura proclive ao Estatuto. O camiño seguía aberto para chegar até o último tramo: a aprobación/ratificación en Cortes do Estatuto que sería elevado a Lei. O 15 de xullo entregábaselle ao presidente do Congreso español o texto estatutario. O día 17 Manuel Azaña, á sazón presidente da República, conversaba coa delegación oficial galega que viña de entregar o Estatuto. O 18 de xullo as novas non podían ser piores... Aquel noso Estatuto sería aprobado en México, no exilio, en novembro de 1945. Moitos dos seus artífices foran, case dez anos antes, asasinados logo do Golpe de Estado. Mais a aprobación do Estatuto constatou que deixaran semente de vencer! Un artigo de Uxío Breogán Diéguez. ::: Alba de Groria ::: A.D. Rodrígues Castelao
2006/8/1 La nación gallega es una invención política <<Con indignación he visto los anuncios pagados por la Xunta de Galicia y, por lo tanto, por todos los contribuyentes, que este 25 de julio afirmaban que se celebraba el Día Nacional de Galicia. No puede celebrarse un Día nacional donde no hay una nación, y por ello, el único sentido que tiene este gasto publicitario con dinero público es tratar de que vaya calando entre los ciudadanos la idea de que Galicia es una nación. Esto no tiene fundamento, ni nos conviene a lso ciudadanos, pero conviene a los partidos políticos que buscan la secesión y la creación futura de un estado independiente, en el que pudieran hacer y deshacer a su gusto.
No es admisible que se utilicen las instituciones y el dinero público para fines partidistas, que sólo comparte una minoría de la población, pero puede entenderse que el BNG aproveche cualquier circunstancia para avanzar hacia ese objetivo separatista suyo. Lo que resulta inexplicable, sin embargo, es que el PSOE se haya dejado contagiar por el nacionalismo y haya terminado por convertirse en un subordinado del BNG en todos estos temas, incluída la imposición lingüística.
Por último, hay que recordar que este Día de Galicia es la fiesta del apóstol Santiago, que es a su vez patrono de España[...] >>
Isto seghía, mais arrinquei follas de menos no xornal xDDD. Ben, hai moito de que falar, así que vou aló:
O tema de inverti-los cartos dos galegos en carteis, ben, pode ter moitos puntos de vista. Pero hai que empezar por perguntarse algo: Como pode estar seguro este orador de que o BNG empregou os cartos da Xunta pra facer carteis? Non sei como o pode dicir con tanta seguridade, pero ben, o mellor ten razon, tanto ten roubar axudas da UE coma gastar os cartos en carteis de papel fino e unha pouca cor. O BNG e demais partidos nacionalistas veñen poñendo dende sempre carteis, e desembolsado os presupostos dos propios partidos. Eu preguntome. Un partido está no goberno porque recebeu votos dos cidadáns, non? Entón, tódalas súas accións son lexítimas, xa que o pobo foi o que escolleu "maioritariamente" a un candidato. Lamento dicirlle ao escritor deste texto que o PP non gañou as elecións, e por moito que lle pese, pra facer campañas antiestatutarias e anticatalanistas e demáis terá que gasta-los cartos do propio partido. Se estivese no goberno, xa sería a cousa diferente.
Seica tamén comezaron agora a querer convencer á cidadanía de que Galiza é unha nación. Dende comezos do século pasado os nacionalistas estamos convencidos de que Galiza é unha nación. Non son teimas políticas de hai un ano. Son teimas ideolóxicas de hai séculos. Castelao presentou un estatuto en Madrid aprobado pola maioría dos galegos onde figuraba o artigo: Galiza é unha nación. Presentou un estatuto nunha república, sen ningunha intención de separarse dela. Mais agora convén esquecer todo iso, e dicir que acabamos de inventar o termo nación só pola vontade política. Pode ser que partidos coma o PSOE empreguen ese termo con fins netamente políticos. Pra min, é a mesma merda chamarlle a Galiza nacionalidade histórica como realidade nacional. Todas esas acepcións sí son inventos políticos. Nin unha cousa nin outra. A Galiza chámaselle polo seu nome. Unha nación. E os que din que Galiza non é unha nación, e aceptan o termo nacionalidade histórica, poderíanme explicar que significado ten ese xogo de palabras? Seguro que non, porque non o ten. Pero se imos máis aló, non só o PSOE e o BNG como di o utor deste texto xogan co termo nación. Agora o PP tamén quedou á altura dos outros dous, ao dicir que acepta a definición de realidade nacional se se acepta a proposta de financiación. Polo tanto, dedúcese que os únicos que xogan coa definición de Galiza, e empregan o termo nación e derivados con fins políticos son PP e PSOE, xa que o BNG (ou mellor ditos, nacionalistas) sempre reclamaron o mesmo, asi que, os votantes dos partidos nacionalistas xa saben de antemán cal é o fin destes grupos políticos.
E pra rematar, lembrar (ou ensinar) que o 25 de Xullo, Día da Patria Galega, é unha antiga festa dos nosos devanceiros celtas, que rematou cristianizada. Así que, se os españois escolleron ao Apóstolo como o seu patrón, non é o noso problema que algúns se molesten porque os galegos celebren a pertenza á súa patria ese mesmo día. Galiza ceive.
Pídovos que escribades sobre este texto, anda que só sexan un par de liñas. Ghraciñas 2006/7/25 ::: III República :::Artículo 62 Corresponde al rey
Artículo 63 Declarar la guerra y hacer la paz
2006/7/14 ::: Oda al licor café :::Oh como me gusta el licor café
como a las putas le gusta el "bisté"
después de beber dos botellas
decidimos ir a por ellas
y aunque nosotros estábamos calientes
esllas estaban reticentes...
solo engañamos a la italiana
pero era gorda, fea y marrana
el lupas estaba enamorao
pero ella le daba a la carne y al pescao
era más fácil saltarla que rodearla
por eso decidimos dejarla
así que fuimos al tarasca
a tomar la última perrasca
será el camarero maricón
vaya pedazo garrafón...
By Lupas
9-III-06 2006/7/2 De Galegos e casteláns...SEÑOR XAN: "val máis un rapás galego,
deses que foron criados
comendo cuncas de leite
con pan esfaragullado,
que cincuenta de Castela
anquen gasten de contado
alto zapato e camisa
co cabezal apranchado"
(Escena XII)
A COSTUREIRA D´ALDEA - Manuel Lugrís Freire
letras galegas 2006 2006/6/25 ::: Conxuro da queimada :::Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Con este fol 2006/6/24 Correo que circula por ahi.
2006/6/1 25 Xullo de 2006: En Galego Un grupo de galegos tomaron a iniciativa o outro día en Compostela de que o Día da Patria deste ano sexa o comezo dunha Galiza en galego. Propuxeron que dende ese mesmo día, os galegos que se unan á iniciativa se comprometan a empregar como único vehículo de comunicación o galego na súa vida diaria. A iniciativa é moi ambiciosa, xa que o que se comprometa deberá falar en galego ata coa xente coa que adoitaba fala-lo castelán. Eu xa me comprometín, asi que se a alguén lle falo en castelán, que non se estrañe se non llo volvo falar, estamos? 2006/4/30 Galicia, esa merdaGallegos, vermes mutantes que habitades e vos mantedes deste país que é un morto que fede, unha prea que atufa. Galicia, esa rémora que odia o novo, os cambios, a vida que se envorcalla na rutina, na ignorancia, na desconfianza. Galicia, patria noxenta da mediocridade. Galicia, este terrotorio habitado por eses non-seres, sub-homes cunha leira na cabeza, eses seres mesquiños chamados gallegos. Raza furtiva e esquiva que estende a súa infame indifnidade por tódolos recunchos do planeta. ¿É a VIDA logo esta multitude de pantasmas ocupada en autodestruírse? ¿Non será a MORTE? ¿Non será a morte esas sombras semiexistentes penosamende dedicadas a que todo siga igual? ¿Non é a morte esas recuas de homínidos que periódica e ritualmente votan e escollen entre eles aos máis infames para que os destrúan? ¿Non é a morte a súa literatura, esa queixa monótona, gris e impotente, feita por catro pelmas para vinte plastas? ¿Non son a morte esa rapazada de pelo repeinado, agoniada por chegar a madrileños de terceira categoría? Non é a morte esa queixa continua e esa ausencia de acción? ¿Non é a morte ese cinismo impotente? ¿Pero é que logo NON SODES A MORTE? Son cativos eses afáns autodestructivos desta reserva lamentable de pantasmas (incendios forestais, destrucción das costas, do idioma...), sempre incertos, dubidosos e freados por un certo agarrarse á mediocre subsistencia pantasmal. NÓS DESEXAMOS A DESTRUCCIÓN E ENTERRO DESTE MORTO, o voso alimento. Somos partidarios da eutanasia e queremos unha morte digna para este indigno ser semivivo. ¡PROFANEMOS O PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES! ¡DERRUBEMOS A CASA-MUSEO DE ROSALÍA! ¡FAGAMOS CROQUETAS COA MOMIA DE CASTELAO! REMATEMOS CON GALICIA E O GALLEGO! KAMIKAZES
2006/4/23 "Tanta hipocresía, tanta falsedad" (S.A.) O dirixente do partido de dereitas conservador español
(PP) dixo hoxe que non se lle pode chamar "proceso de paz" ás actuais
negociacións que se están a plantexar dende o governo español para
solucionar o problema do terrorismo de ETA. Segundo Rajoy, non hay
nengun conflito nen nengunha guerra para que se restableza a paz en
Euskal Herria. En Irak tampouco se pode falar de restablece-la paz, se seguimos estas mesmas pautas de razoamento. Irak só ten algúns problemas sociais de doada solución, o que pasa é que o PP non está no governo, e por iso non se poden solucionar. Se é que en tódolos estados debía haber unha representación política protagonizada polo PP, para o bo, e para o malo. Qué é o bo? |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|